Skip to Content

Creación de blogs

Seguindo as precisas indicacións de como realizar a configuración de blogs, cheguei perfectamente (ou iso creo) ata activar o módulo "Taxonomy Theme". O problema xorde a continuación, pois cando quero acceder á administración do módulo só me aparece o apartado "Configurar permisos" mais non o de "Taxonomy Theme".

Que é o que fixen mal ou que paso me saltei?

Acceder ao Taxonomy Theme

Pois creo que non fixéstedes nada mal, solo que estás tratando de acceder desde a pestana de "Por tarefa" e no manual está explicado para acceder desde a pestana "Por módulo".

Realmente podedes acceder desde calquera pestana, solo  cambia o modo de como ordenan os elementos. Pero en calquera delas poderás atopar o enlace a "Taxonomy Theme". Podes atopalo en Inicio > Administrar > Configuración da páxina > Taxonomy Theme.

Xúntoche unha captura de pantalla accedendo desde a pestana "Por tarefa" (que é a pestana de traballo por defecto). Tamén se observa nesta captura a ruta, por si desexades ir directamente tecleando esta ruta no campo de Enderezos do navegador (.../iesvalleinclan/admin/settings/taxonomy_theme)

Xa ves que hai diferentes formas de chegar. Un saúdo.

Taxonomy Theme

Algo falla. Sigo sen ver esa

Algo falla. Sigo sen ver esa páxina e se escribo directamente no campo de enderezos dáme a mensaxe de "Acceso denegado" "Non está autorizado para acceder a esta páxina".

Se accedo por "módulo", podes ver que no apartado Taxonomy Theme só aparece "Configurar permisos" e non Taxonomy Theme como figura no pantallazo do curso.

Grazas polas túas rápidas respostas

Permisos

Si ao poñer a ruta directamente aparece unha mensaxe de "Permiso denegado" está claro que é un tema de permisos.

Cando se activa un novo módulo tamén hai que lembrarse de establecer os permisos para ese módulo para cada un dos roles existentes. No caso do rol "administrador" sempre hai que marcarlle tódolos permisos de tódolos módulos.

Neste caso, aínda faltan por establecer os permisos para o rol "administrador" sobre o módulo "Taxonomy Theme".

Hai que entrar como administrador e ir á sección Administrar > Mantemento de usuarios > Control de acceso e marcar os permisos correspondentes.

Un saúdo.

Solucionado

Efectivamente, ese era o problema. Xa está solucionado.

Un saúdo e moitas grazas



forum | by Dr. Radut