Skip to Content

Calendario

Ola. Quería saber cómo se pode solucionar o seguinte problema: no noso centro non podemos visualizar no calendario ningún outro mes agás o actual, o calendario quedase cargando indefinidamente, e esto ocorre con varias plantillas que probamos. Miramos no módulo de eventos pero non parece haber nada para arranxar esto. ¿una axudiña?. Outra cousa: Na plantilla que empregamos actualmente (myDrupal_Impact) o calendario non encaixa correctamente. Entendo que esto depende da plantilla, ¿certo?. Veña, grazas por todo e un saúdo. PD. o noso centro é o iesallerulloa.

Non hai mal que por ben non veña

Ola de novo. Poño ese título xa que pasounos unha cousa ben curiosa. Debido a caída da cobertura de internet en tódolos centros da Xunta no día de onte (1-12-09), un dos meus problemas co calendario arranxouse por arte de maxia (ou de un reseteo forzado!!). O caso é que agora o calendario "encaixa" perfectamente dentro do seu espazo no bloque. ¡¡Esperaremos a outro corte para ver si se arranxa o problema da visualización dos meses!!! :) Saúdos.

Perfecto...

Boas compañeiros, alegrámonos que os problemas se solucionen así. Iso si que é eficacia.. jejeje ;)

Un sáudo e ánimo!

-----------------

Grupo de Asesores SIEGA 

Mesmo problema co calendario de Eventos

Temos o mesmo problema, non atopo forma de que o calenderio de eventos amose un mes que non sexa o actual. Non hai botóns de cambio de mes, nin vexo opción a que apareza un calendario anual, que tamén sería interesante.

Como problema secundario, tamén temos problemas de axuste do calendario na barra lateral dereita. Non cabe na plantilla actual, e non atopei forma de modificar os tamaños.

Pódese solucionar? Moitas grazas de antemano.



forum | by Dr. Radut