Skip to Content

Permisos para ANPA

ola,

Creei un novo rol, ANPA, duplicando o de profesor, pero quero que soamente  poidan publicar no menú ANPA, o problema é que non o dou conseguido. Estiven trafegando en taxonomias acceso: permisos, e logo abrín e gardei cambios en  control de acceso pero non o dou feito.

 

Alguén que me axude?

 

Un súdo e gracias

Problemas de permisos

Ola.

Os problemas veñen por dúas vías dentro das opcións de Permisos de acceso ás Taxonomías (Taxonomy Access: permision)

  1. Por unha banda tedes establecidos permisos para o rol ANPA a maiores da propia taxonomía que lle creástedes, como é o caso da taxonomái de Ed. Primaria, como se observa na seguinte imaxe:

    Permisos en Taxonomía Ed. Primaria
  2. Por outra banda, e esta é a razón principal, tedes asignados permisos de creación para o rol "autenticado". Entón, todos os permisos que se teñan dados para este rol tamén os colle calquera outro dos roles, xa que calquera usuario que teña conta é en primeiro lugar un usuario autenticado e, a maiores, o rol (ou roles) que lle asignedes.
    Xúntase imaxe con exemplo dos permisos asigandos no rol de usuarios autenticados:

    Permisos en rol de usuarios autenticados

Entón, si queredes ter ben controlados os permisos habería que quitar todos os permisos de Vista, Creación e Lista no rol Autenticado. Así cada rol solo collerá os que especificamente lle teñades asignados no rol correspondente, neste caso, no rol de ANPA.

Agardo que este comentario vos sexa de axuda.

Un saúdo.

Moitisimas gracias

moitas gracias pola vosa axuda. Non me daba conta do usuario autenticado. Eu matabame a probar diferentes cousas na taxonomía da Anpa...En fin... Que sorte temos de dispoñer da vosa axuda.

 

 

Un saúdo.



forum | by Dr. Radut