Skip to Content

PROBLEMAS COAS IMAXES E DOCUMENTOS ADXUNTOS

No iesblancoamor de Culleredo temos o mesmo problema que no iesmeanho (artigo publicado neste foro o 28 de abril do 2009), tan só podemos acceder a documentos .pdf cargados no Aula Virtual. Fixemos probas con documentos .odt, .doc, .sxw, .jpg, e .zip; e ningún déles é accesible logo de telos subidos a moodle, tampouco se poden abrir unha vez descargados ao ordenador. Se en realidade é o mesmo problema espero que podades botarnos unha man porque estamos a preparar un curso e deste xeito vai moi limitado. Grazas por adiantado.

Imaxes de Moodle

Boas compañeiros, penso que quedou solucionado. Efectivamente era o mesmo problema derivado da actualización anterior.

Saúdos

Asesor SIEGA - Noia

Agradecemento

Moitas grazas, solucionado e operativo. Saúdos


forum | by Dr. Radut