Problemas ao engadir termos nunha categoría
Cando pretendo engadir un termo nunha categoría determinada só me aparece se accedo como administrador. O problema xurde unicamente nesa categoría (nas outras podo engadir termos sen problema), e non consigo que apareza o termo na páxina principal. Xa fun a "Taxonomías Acceso: Permisos" e activei a opción A (Activar) para ese termo e os cadriños da dereita ("create" e "lista")pero non conseguín nada.
Espero que me poidades axudar. Graciñas.
- APIs de Blogue
Control de acceso
Para que eses cambios sexan definitivos tes que volver á paxina Administrar->Control de acceso e pulsar o botón do fondo para gardar cambios, aínda que nesa páxina en concreto non teñas feito cambio ningún. En tanto non o fagas os cambios en Taxonomyías Acceso : permisos non teñen efecto
Proba a facelo