Skip to Content

Categorías e menús

A estas alturas aínda non teño claro a diferencia entre: categoría e menú, e entre termo de categoría e elemento dun menú. O caso e que pretendo crear un novo ¿menú? E sego os seguintes pasos: 1)Crear categoría “ENDL” 2)Engadir termos “Actividades” 3)Según manual debería aparecer a categoría en menús, a min non me aparece ENDL. ¿Creo un novo menú co nome da categoría? ¿Creo un novo elemento de menú co nome do termo? 4)En bloques, ubicar o menú. 5)En taxonomy access, dar permisos. Por outra banda, xa tiña publicados os menús Orientación e Curso actual, pero debín eliminar algo porque agora non me aparecen publicados. Por favor, axuda.

Resposta

Ola

Despois de crear a categoría e os termos tes que seguir a ruta:

Administrar-Configruación da páxina-Taxonomías Menú

e ahí activar a nova categoría (aparecera ENDL co check de NON e hai que pasalo a Normal). Esta é unha das modificacións da nova versión (5.7)

Despois de activar a categoría xa aparecerá en Menús dentro do menú Navegación. O seguinte paso é crear un menú co mesmo nome que a categoría e asociar a categoría ao menú recen creado. Este paso faise editando dentro do menú Navegación a categoría e dspregando na pantalla que sae o despregable Pai (ahí hai que seleccionar o nome do menú que foi creado).

Unha vez feito esto desactivamos o nome da categoría de modo que no bloque unha vez activo vai aparecer o nome do menú e os termos da categoría.

Os últimos pasos son correctos: ir a bloques e activar o bloque para o tema e por último dar permisos

Un saúdo

 

estoume liando

A ver que fago mal eu, ata aqui creo que todo ben: "uinte paso é crear un menú co mesmo nome que a categoría e asociar a categoría ao menú recen creado" pero neste paso: "unha vez feito esto desactivamos o nome da categoría de modo que no bloque unha vez activo vai aparecer o nome do menú e os termos da categoría" Que imaxino se fai en administrar/construccion da paxina/menus dentro do menu que creamos... cando o fago o menu na paxina non se ve e cando non o fago aparece o menu co seu nome e repetida debaixo a categoria co enlace pero non aparecen por nengun lado a lista de termos. Imaxino que o de activar o bloque refirese a ir a bloques e situarlo nalguna rexion da paxina co seu peso.....

Sería interesante

Sería interesante actualizar o manual de creación de menús e categorías, xa que nel falta o paso que se indica neste tema e tal vez dea lugar a erro.


forum | by Dr. Radut