Skip to Content

Opcion Activar/desactivar texto rico (solucionado)

Acabo de crear un novo rol e asigneille os permisos igual que outros roles que funcionan perfectamente, bueno pois ao usuario ao que lle asignei este rol non lle aparece a opción Activar/desactivar texto rico cando intenta crear unha páxina ou calquera outro contido. O corpo do texto aparece sempre para introducir en html (no ten as iconas para formatear).

Onde pode estar o erro? Esquecín marcar algunha opción?

Solución

Respóndome a min mesmo. Menú Configuración da páxina->TinyMCE. No perfil que teñas creado selecciona Editar e na primeira opción (Basic setup) engade o rol que te falte. Se o rol que te interesa non figura na lista, asegúrate que no menú Administrar->Mantemento de usuarios->Roles, na opción tinymce módulo teña marcado o permiso 'access tinymce'.


forum | by Dr. Radut