PERMISOS PARA CREAR SUBMENÚS
Ola, estamos a dar permisos ao profesorado para que poida publicar contidos dentro do seu departamento principalmente, e só nese. Isto xa o conseguimos, agora queremos saber se podemos que dentro do departamento poida crear submenús, e só aí. Intentámolo a través "control de acceso" activando "administrar menú" do módulo menú. Pero así poden modificar todos os menús e máis crear contidos onde antes non podía. Hai algunha solución sinxela.
- APIs de Blogue
Rol profesor: Engadir termos de categorías ou menús
Boas compañeiros,
A día de hoxe, salvo que alguén me corrixa o cal agradecería bastante, si permitimos administrar menús ó rol Profesor, este poderá editar tódolos menús, co cal non é nada recomendable facelo.
O máis sinxelo é que o profesor en cuestión envíe ó administrador unha listaxe de "termos de categoría" para que o administrador constrúa. Isto é algo que non quita tempo ó administrador xa que se soe facer moi poucas veces e é un proceso sinxelo e rápido.
Un sáudo e ánimo!
-----------------
Grupo de Asesores SIEGA
Gracias: Resposta engadir menús