Desplegar os bloques
Ola a todos e a todas:
Quixera saber como podo facer para que na páxina os visitantes poidan desplegar ou contraer os submenus que aparecen dentro de cada bloque, tal e como aparecen por exemplo nesta mesma páxina.
Un saúdo e grazas polo voso traballo.
- APIs de Blogue
Módulos na segunda versión da versión 5.7
Boas compañeiros, efectivamente o noso amigo Juan do CEIP A Sangriña está no certo, pero aínda que fixerades iso non poderiades disfrutar desa funcionalidade polo seguinte. A actualización da versión de drupal 5.1 á 5.7 durou varios meses, e cando considerabamos que algún módulo era interesante engadíamolo ó modelo. O que ocorreu e que os últimos centros actualizados levaron instalados máis ḿodulos que os primeiros, e un de eles é o que permite esa funcionalidade.
Podedes ver como xa tendes a funcionalidade que solicitades. É automático simplemente instalando o módulo. Iso si, si queredes que por defecto aparezan despregados os menús seguide as instruccións de Juan do CEIP A Sangriña.
Xa vos acabamos de instalar tamén o resto de módulos que vos faltan e esta é a súa descipción:
Notify: Permite a cada usuario configurar si lle chegan ó correo electrónico os novos contidos publicados. O envío masivo realizaríase unha vez lanzado o CRON (ver: http://www.edu.xunta.gal/centros/websdinamicas/node/268)
JavaScriptTools, entre outras cousas permite:
Printer-friendly: Permite que o administrador configure como se ve a "versión para imprimir". Isto é interesante para que cando un visitante quere imprimir un contido non lle aparezan todos os elementos da páxina (enlaces, bloques, etc...)
Mapa do Sitio: Como temos nesta páxina, é moi interesante para ver globalmente a estructura da páxina, así como para ofrecer o enlace RSS ós visitantes que lles interese suscribirse. Podedes ver: Activar Mapa do Sitio http://www.edu.xunta.gal/centros/websdinamicas/node/572
Un saúdo.
Grupo de Asesores SIEGA
Non sei si temos instalados ese módulos
Bloques e menús despregables
Boas Alfonso, como podes ver na vosa páxina o módulo xa está funcionando. Podes clicar á esquera de "Organigrama" para ver como se desprega o menú. Agora sodes vós quenes tendes que decidir si por defecto aparece expandido ou contraído, iso podedes configuralo na edición de cada un dos menús a través do seleccionable "Expandir". Podedes revisar a mensaxe neste tema de Juan do CEIP A Sangriña (http://www.edu.xunta.gal/centros/websdinamicas/node/581#comment-501)
En relación ós bloques, e aínda que o módulo está activado, teredes que ir configurando un a un cada bloque. Administrar - Construcción da páxina - Bloques - Configurar (o bloque que sexa), e a primeira das opcións que vos dá xa é a referida a esa función. Para que podades comprobar o seu funcionamento xa vos activei a función para o bloque da vósa páxina "O Centro" (clicando sobre o título do bloque este contráese.
Saúdos
Grupo de Asesores SIEGA.
Moi interesante, certamente.
Módulos
Boas Juan, a última actualización foi tan costosa que cando rematamos decidimos poñernos a traballar cara a migración a multisite, coa que por certo, non nos atopariamos con este tipo de problemas, xa que cada centro terá os mesmos módulos.
Xa vos quedan instalados os novos módulos.
Unha aperta.
Grupo de Asesores SIEGA
Exportación a PDF?
Exportar en PDF
No momento das probas do módulo a conversión a pdf deunos problemas e decidimos aprazalo xa que tiñamos cuestións máis prioritarias.
Co cambio a multisite tentarémolo de novo. Compartimos que é unha opción interesante.
Un saúdo
Grupo de Asesores SIEGA
Isto si que é eficiencia!
Como admin, e partindo da
o.k.