Applets de geogebra
Ola. Quería saber se é posible insertar applets de geogebra, e claro, como se fai.
Graciñas
- APIs de Blogue
Utiliza Software Libre!
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura, Educación e Universidade - Aviso legal |
Ademais de poder facerse
Ademais de poder facerse como Inserir contidos LIM e ARDORA, existe unha variante que é a seguinte;
Dende Geogebra tes que exportar o proxecto como "folla dinámica como páxina web"
Logo entras na pestana de "avanzado" e activas o Java Applet. Esto crea un arquivo ggb e un html.
Ata eiquí o proceso é o mesmo para as dúas variantes.
Miras o codigo fonte do html e copias dende <applet ata </applet>
Logo creas un novo contido, engades o arquivo ggb como ficheiro adxunto e o que copiache do codigo fonte de <applet> metelo como html no corpo do contido, tendo en conta de cambiar onde pon "value" mais o nome do arquivo, poñer a ruta do arquivo que acabas de adxuntar.
NOTA:
Pode que non che permita subir arquivos con extensión ggb, para arranxalo, tes que ir a Administrar->Configuración da páxina->Subida de arquivos, e en "extensión de arquivos permitidos por defecto" hai que engadir ggb.
Millón de gracias
Autoresposta