Skip to Content

Cambiar a cor o nome do sitio

Ola! No meu centro estamos empregando a plantilla newfangled e queriamos saber si podemos cambiar a cor do nome do sitio ou do eslogan e como se fai. Ademais tamén nos interesaría poñer un enlace no noso logo e outra imaxe no encabezado. Pódese facer? Saúdos.

Cambiar cor do nome do sitio e inserir enlace

Ola compañeiros.

Cambiar a cor do nome do sitio

1.- Accedemos a "Configuración da páxina" -> "Información da páxina"

2.- Onde pon nome do sitio inserimos o texto coas etiquetas html correspondentes da cor. Un exemplo sería o seguinte:

  • Texto a inserir: <font color="#F404EC">Nome do sitio</font>
  • Resultado: Nome do sitio 

Si quixeramos inserir cursivas ou negriñas utilizariamos <b></b> e <i></i>

  • Texto a inserir: <font color="#F404EC"><b>Nome do</b><i> sitio</i></font>
  • Resultado visible: Nome do sitio

Podedes consultar a seguinte url para consultar os códigos das cores: http://html-color-codes.info/codigos-de-colores-hexadecimales/

Preguntades si se pode poñer un enlace no logo e iso non é posible, pero si se pode inserila no nome do sitio, do mesmo xeito que modificamos o formato do texto. Un exemplo sería o seguinte:

  • Texto a inserir: <font color="#F404EC"><a href="http://www.google.es">Nome do sitio</a></font>
  • Resultado:  Nome do sitio
    (Enlace feito a google)
     

OLLO!: No campo "nome de sitio" temos límite de caracteres polo que debemos elexir moi ben as etiquetas para que a aplicación non nolas corte.

 

Cambiar o logo da páxina

Para cambiar o logo da páxina iremos a "Construcción da páxina" -> "Plantillas" - > configuración da plantilla que temos activada

Aí xa nos aparecerá un bótón para examiar o noso pc e subir o logo que queremos, os formatos adminitidos son .jpf, .png e .gif.

Un saúdo

 

 

Ínserir imaxe

Grazas pola vosa axuda, pero aínda me queda unha dúbida, pódense incluir varias imaxes no encabezado, e como se faría? Grazas!!!

APROVEITANDO ESTE TEMA

Ola!! Saberíades dicirme cómo se pode poñer no encabezado da páxina outra cor a todo o rectángulo, non só ao título? e se queremos poñer unha foto que ocupe todo o rectángulo do encabezado? O noso é un rectángulo verde, co nome do centro, o logo da xunta e os enlaces típicos de galería, aula virtual, correo, etc.... pero gostaríame cambialo. Grazas por adiantado.


forum | by Dr. Radut