Skip to Content

PROBLEMA COA REXION "CONTIDO", ESCAPANSE OS CONTIDOS DAS MARXES DESTA REXION

Temos un problema importante, que consiste en que se nos escapa o contido fóra da rexión central, invadindo a columna dereita. Isto significa, que diferentes contidos da rexión central aparecen sobre os da lateral dereita, producindo unha serie de problemas, como por exemplo tapar os contidos da rexión lateral dereita. Necesitamos saber como configurar esta rexión para que os contidos queden dentro das súas marxes.Moitas grazas.

Descolocación da páxina

É moi posible que o problema veña dado por un contido en concreto que ten oculto un código que o culpable da desordenación dos bloques e contidos. Isto soe ocorrer cando copiamos documentos dun procesador de textos (Openoffice ou word) sen pasar polo "Pegar dende word" (incluso, en ocasións, ainda que utilicemos esta función pode pasar).

O mellor é que cando pegamos contidos de outros programas (navegadores, procesadores de texto, pdf's..) pasemos antes o texto polo bloq de notas, de maneira que nos aseguramos de que estamos a importar o que se chama "texto limpo".

Para que che podamos axudar especifícanos a url concreta onde ocorre isto.

Un saúdo.

...............

Asesor SIEGA - Noia

Non parece ser esa a solución do problema

Moitas grazas pola opinión, pero coido que ese non és o problema. O que pasa é que hai contidos que superan as marxes. Por exemplo, o do "tempo hoxe en Cee", na rexión dereita escápase da marxe. A caixa do editor de texto na rexión central escápase da marxe, solapando a rexión dereita, tapando os menús. o mesmo pasa con outros contidos tipo táboa, imaxe, .... Nós pensamos que pode ser da plantilla garland, un problema propio da plantilla, ou algún aspecto concreto da configuración e que non damos con el. A web é http://centros.edu.xunta.es/iesagraderaices/

o problema ten que ser

o problema ten que ser outro. Pásanos no marxe dereito co cadro do tempo que incluímos, que se escapa das marxes, pásanos con fotos que incluímos na rexión de contidos, pásanos co cadro do editor que se escapa das marxes e solapa os menús da marxe dereita, pásanos en moitas ocasións. Nós pensamos que ten que ser un problema de plantilla (non sabemos se lles pasama o mesmo a outros centros coa plantilla garland), ou que é un problema de configuración da páxina que non somos capaces de solucionar http://centros.edu.xunta.es/iesagraderaices/ Moitas grazas Un saúdo

Pois non

Non, non falamos diso. A ver: se entras na páxina principal do noso centro (iesagraderaices) xa se ve que á dereita, no TEMPO EN CEE, esa ventaniña incrustada sáesenos da rexión bloque dereita; Se nos identificamos e creamos calquer tipo de contidos, a ventá do editor de texto pónsenos por enriba da rexión bloque dereita; se nunha páxina insertamos unha fotografía, se esta é un pouco grande non colle na rexión central... Supoñemos que todo isto corresponde ao mesmo problema, pero non sabemos se é así. Equipo TIC do IES Agra de Raíces

Conlumna central de contido

Boas, tendes que perdoar pero por unha confusión nos foros do portal non puidemos ver as vosas preguntas.

Continuades tendo o problema? Estive vendo por enriba a vósa páxina e cabe a posibilidade de que sexa problema das fotos, tende coidado en que a suma dos anchos das imaxes non supere a resolución total nun monitor de 1024 de ancho.

Para saber cal é mo máximo que permite o a columna central de contido podedes instalar o Complemento de Firefox:  Measurelt.

Saúdos



forum | by Dr. Radut