Skip to Content

Non suben os arquivos flash

Ola! Non son capaz de inserir un arquivo flash coa ferramenta do procesador de textos. Dinme que non pode subir ese tipo de arquivos aunque xa está incluido no IMCE. A qué se debe? Noutras páxinas doutros centros aparecen eses archivos. Nos só os podemos subir coas SWF tools como vídeo. Graciñas

Engadir outros tipos de arquivo.

Ola.

Para solucionar este problema de subida de arquivos Flash (SWF) hai que facer o seguinte.

Entrar na plataforma como Administrador e ir ao menú Administrar > Configuración da páxina > IMCE settings.

aí hai que entrar en na configuración de cada rol (no voso caso 28 veces !!! ???)  e no apartado que di Non-image file support engadir os tipos (extensións) de ficheiros que se desexa permitir a súa subida,neste caso engadir o tipo .swf (debe levar o punto antes da extensión).

IMCE settings

Para o usuario adminsitrador xa están engadidos (observar a imaxe anterior) pero para os novos roles creados hai que ilos engadindo.

O que me sorprendeu é a cantidade de roles que tendes creados. Pensar que administrar os permisos (Taxonomy Acces: permission) dun espazo con 28 roles ten a súa complicación, xa que hai que definir permisos para cada categoría e para cada rol, e dentro de cada categoría (categoría e termos) hai 5 tipos diferentes de permisos a establecer... Eu valoraría si é necesario realmente ter tantos roles.

Un saúdo.

engadir outros tipos de archivos

Graciñas. Xa funciona. O que pode facer un simple puntiño. En canto a cantidade de roles... os que iniciamos a páxina chegamos a ese acordo para dar independencia a cada departamento. Parece moito traballo pero só actualizo cando o responsable mo pide Repito moitas grazas xoseluis.

Gran número de roles

Non só debes actualizalo cando algún responsable cho pide,  senón cada vez que creas categorís novas.

Entendemos que pode parecer unha boa opción a simple vista, pero a nósa experiencia dinos que non é nada boa. Só deberíades crear roles especiais se as necesidades son moi específicas.

Un saúdo

 



forum | by Dr. Radut