Skip to Content

plantilla Bluelake

Queremos activar esta plantilla para a nosa web, xa temos os bloques activados pero aparecen varios problemas cando predefinimos este tema: 1.- En crear contido non nos aparece o editor de texto e tampouco podemos ir aos menús que aparecen debaixo do corpo do texto (ficheiros adxuntos, opcións de publicación ...)na opción bluemarine si que están todas estas opcións. 2.- Ao entrar no menú Administración o tema que aparece é o bluemarine aínda que xa predefiníramos o bluelake. Que estamos facendo mal? A plantilla Bluelake ten actualizacións para versións posteriores de Drupal? Grazas

Tema bluelake

Efectiivamente ese tema non acepta o procesador de textos. Non todos os temas o permiten, seguramente funcionaria con outro procesador distinto do tinymce. Por outro lado, o menú por defecto para o admninistrador e o bluemarine, precisamente para evitar problemas que ocurren cando optamos por unha plantilla que ten problemas. De todos os xeitos, se queremos que os usuarios anónimos vexan a nosa web co aspecto bluelake, facemos que a plantilla dos usuarios anónimos teña dito tema por defecto, pero para os usuarios que empregan o editor deixamos outro tema que si acepte os botóns do procesador de textos.


forum | by Dr. Radut