Skip to Content

Como mover e unir álbumes a unha categoría sen ter permiso de administrador

Como xa comentei no foro de experiencias Drupal, no noso centro necesitabamos que calquera usuario de Copermine, sen permiso de administrador, puidese crear un álbum e logo movelo a unha das categorías creadas. Deste xeito non é necesario nin que todos teñan perfil de administrador nin que o administrador se encargue de crear un álbum cada vez que un compañeiro o necesite. Na nosa web, neste enderezo, está explicado como o fixemos e como funciona, por se pode ser de utilidade para alguén. http://centros.edu.xunta.es/ceippedroantoniocervino/category/12/108 Este script, é complementario con outro que permite insertar imaxes directamente desde copermine nas entradas Drupal cun só click, que tamén se pode atopar alí. Tamén se inclúe unha pequena explicación de como "armonizar" o estilo de deseño da páxina drupal coa de copermine. PD: inclúo a ligazón á nosa web porque deste xeito só é necesario facer os cambios e melloras no script nun único sitio, sen deixar desactualizada e entrada neste foro.

Actualizado

O sistema foi actualizado, de modo que non precisa ser subido nada por FTP (tal como sucederá co novo sistema multisite), agora o sistema funciona empregando páxinas creadas en drupal. Código e información de como facelo posible nesta ligazón: http://centros.edu.xunta.es/ceippedroantoniocervino/node/266 Como aínda non estamos en multisite na nosa web, non podemos probar se funciona correctamente nos novos sistemas, aínda que pensamos que debería facelo (se non cambian a xerarquía da base de datos), en todo caso en canto teñamos migrada a nosa web, de ser o caso, faríanse os cambios precisos.

Actualizado

Nova actualización destes scripts, agora ademáis de incrementar a seguridade engádese a opción de UNIR dous álbumes e así engadir novas imaxes a un album presente nunha categoría.

Podedes atopar a explicación, por se lle interesa a alguén, na ligazón de sempre

http://centros.edu.xunta.es/ceippedroantoniocervino/?q=node/266

 

PD: non estamos seguros de que funcione de todo en sistemas multisite, xa que aínda no tivemos a migración.

Actualizado para multisite

Xa está actualizado o sistema para as web multisite por se alguén está interesado en empregalo



forum | by Dr. Radut