Estiven a probar e conseguín inserir o libro aloxándoo previamente nun espazo que me permite o aloxamento pero salta unha ventá emerxente, non a min que as teño bloqueadas pero si a calquera usuario que non as bloquee. Quixera saber se é posible subir o libro directamente á web dinámica.
1-Facer unha carpeta no noso espazo WEB e subir para dita carpeta todos os arquivos xerados con LIM ou ARDORA
2-Comprimir
a carpeta en local (no noso ordenador) e subir o arquivo ZIP coa
opción de subir arquivos comprimidos do net2ftp. Automáticamento no lo
vai descomprimir no noso espazo web creando a carpeta correspondiente.
IMPORTANTE:
Os nomes dos arquivos non deben levar espazos, acentos, caracteres extranos,...O tamaño tamén importa.
A min net2ftp só me funciona unha vez de cada vinte intentos. Tampouco sei onde crear a carpeta (¿root?, ¿files?,...). Unha vez conseguín subir un actividade.zip e situalo nunha carpeta (actividade) creada dentro de /files, pero de aí a coller a ruta da actividade.html non sei como facer. No aloxamento ftp de Orange podo coller a ruta de actividade.html sen ningún problema. No net2ftp non lle vexo o xeito. ¿Pódesmo aclarar mellor? Grazas.
Estiven facendo probas (moitas)e cheguei á solución de subilo en /root. Funcionou ben cando por fin o servidor o aceptou despois de innumerables intentos. Agora, tres días despois, o servidor funciona de marabilla. ¿Debo mover os arquivos a /files, ou dá igual?
Outra pregunta: no terceiro Lim que subín tiña vídeos e ó cabo de moito tempo o net2ftp díxome que non se admitía por exceder do tamaño admitido. ¿Pode aumentarse o tamaño para que poidan entrar os vídeos? Serían uns 100 Mb.
subindo edilim
LIM
http://www.edu.xunta.gal/centros/websdinamicas/taxonomy_menu/3/103
Nese enderezo atoparedes como inserir arquivos LIM ou ARDORA en Drupal
carpeta
Subir carpeta a espazo web
Co net2ftp podemos facer de dúas maneiras:
1-Facer unha carpeta no noso espazo WEB e subir para dita carpeta todos os arquivos xerados con LIM ou ARDORA
2-Comprimir a carpeta en local (no noso ordenador) e subir o arquivo ZIP coa opción de subir arquivos comprimidos do net2ftp. Automáticamento no lo vai descomprimir no noso espazo web creando a carpeta correspondiente.
IMPORTANTE:
Os nomes dos arquivos non deben levar espazos, acentos, caracteres extranos,...O tamaño tamén importa.
net2ftp e Lim
Carpetas en espazo web.
Se son materiais para Drupal, mellor na carpeta files.
a ruta sería:
http://centros.edu.xunta.es/webcentro/files/carpeta/actividade.html
Estase a revisar o net2ftp por se hai problemas nalgúns dos espazos web dos centros, xa que se comprovou que efectivamente corta a sesións
lim
Tamaño de arquivos
Penso que o límite está en 30-40 Mb.
Sempre tendes arranxo. Podedes enviar arquivos a unha mesma carpeta sempre que ningúndeles sexa maior de 30-40Mb.
De calquera xeito non recomendamos videos de máis de 4-5 min.