Skip to Content

Cores e imaxes de fondo con táboas

Alguén me preguntóu como se poñen cores e imaxes de fondo, nos comentarios seguintes expoño algunha idea.

Editor de táboas

O editor de táboas do procesador de textos de DRUPAL aforraranos ter que escribir código xa que nas opcións avanzadas dunha táboa xa nos permite elixir unha imaxe de fondo ou unha cor.

No foro non temos activado o editor de texto rico para favorecer a navegación.

Imaxe no fondo de toda a páxina

Temos dúas maneiras;
<BODY background="http://centros.edu.xunta.es/siegaverin/files/images/imaxe.jpg">
<style type="text/css"> <!-- body { background-image: url(http://centros.edu.xunta.es/siegaverin/files/images/crea contido10.JPG); } --> </style>
Lóxicamente cambiando a ruta das imaxes por unha que exista na web do centro.

Código HTML

Creo que tal como temos posto nas páxinas dos centros, o editor non interpreta as etiquetas html BODY ou STYLE

body

Estiven facendo probas, e efectivamente, as veces non se interpreta as etiquetas BODY e STYLE, o asunto está nos temas. Co tema bluemarine, por exemplo, si que funciona a etiqueta body xa que os contidos móstranse en body, pero con outros temas, por exemplo o usado eiqui, si cambiamos a cor do body, cámbianos a cor que "bordea" os menús, polo que si queremos poñer unha imaxe no body do contido, en realidade queda "por debaixo" e non a vemos. En resumen, parece que con algún tema funciona e con outros non.

proba de imaxe de fondo con táboas

<table background="http://centros.edu.xunta.es/siegaverin/files/images/crea contido10.JPG"/> <tr> <td width="533" height="414"> <font color="#FFFFFF"> Drupal é un sistema de xestión de contidos (CMS: Content Management System) co que dun xeito sinxelo, cómodo e en liña se pode manter un espacio web dinámico. </font> </td> </tr> </table>

cor de fondo con táboas

Esto é un contido de proba con un fondo de cor. Creando unha táboa que se lle configura a cor de fondo.
<table border="0" width="561" height="139" style="background-color: #66cccc"> <tbody><tr><td>Esto é un contido de proba con un fondo de cor. Creando unha táboa que se lle configura a cor de fondo. <br /> </td></tr></tbody> </table>


forum | by Dr. Radut