Charla "Bandas Xuvenis e Acoso Escolar"

O vindeiro venres, 23 de Xaneiro, ás 20:30 no Salón de Usos Múltiples do IES de Viós terá lugar o terceiro Encontro para Pais/Nais enmarcado no Programa Plan Director para a mellora da convivencia e seguridade nos centros educativos. Nesta ocasion a temática a tratar será "Bandas Xuvenís e Acoso Escolar".

Trátase dunha actividade aberta ao público de Abegondo, en xeral, que poida estar interesado no tema pero especialmente está indicada para as familias do noso alumnado e dos alumnos/as do CEIP San MArcos que se atopa no último ciclo da Educación Primaria. 

Pais/Nais

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer