Skip to Content

ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2022/2023

Todas as solicitudes de admisión presentadas foron admitidas. As listaxes están expostas nos taboleiros interiores do centro.

Becas xerais MEFP para estudos universitarios e non universitarios para o curso 2022/2023

O Ministerio de Educación e Formación profesional publicou a Resolución do 10 de marzo de 2022, pola que se convocan becas de carácter xeral para o curso académico 2022-2023, para estudantes que cursen postobrigatorios (FP, Bacharelato e outros).

 

PRAZO DE SOLICITUDE:

Do 30 de marzo ao 12 de maio do 2022.

Este ano o prazo de solicitude adiántase varios meses. É necesario pedir a beca neste prazo aínda que non esté aberto o periodo de matrícula.

 

PROCEDEMENTO DE SOLICITUDE:

A solicitude debe presentarse online a través da sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional.

Máis información no seguinte enlace: www.becaseducacion.gob.es

RESERVA DE PLAZA PARA O CURSO 2021-2022

Todas as reservas de praza de alumnado de centros adscritos resultaron admitidas. As listaxes están publicadas no taboleiro interior do centro.

RECOLLIDA DE TÍTULOS DE ESO E BACHARELATO

Os alumnos que titularon no curso 2019/2020 poden pasar a recoller os títulos de ESO e Bacharelato en horario de 10 a 13 horas.

SOLICITUDE e ENTREGA DE MÁSCARAS

Ao alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 seranlles entregadas máscaras sen ter que solicitalas.

Pode solicitar a entrega de máscaras o alumnado que, non sendo beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022, cumpra algunha das seguintes condicións:
Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
Alumnado matriculado en educación especial.
Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

 

O prazo de presentación de solicitudes será do 15 ao 26 de novembro. Máis información na secretaría do centro.

CANDIDATURAS ÁS ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR CURSO 2021-2022

Nos arquivos adxuntos poden consultarse as candidaturas presentadas para cada un dos sectores que se renovan este ano.

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

Este ano celebraranse eleccións para renovar varios membros do Consello Escolar, feito que quedou aplazado o ano pasado pola situación COVID.

Adxúntanse os arquivos nos que se pode consultar tanto o calendario electoral como as convocatorias dos diferentes sectores que requiren renovación.

O prazo de presentación de candidaturas é do 5 ao 12 de novembro.

DÍAS NON LECTIVOS Curso 2021/2022

Os días non lectivos escollidos polo centro para o curso 2021/2022 son: o martes 7 de decembro e o luns 16 de maio.

PERÍODO DE MATRÍCULA EXTRAORDINARIO

O período de matrícula extraordinaria terá lugar os días 6, 7 e 8 de setembro en horario de 09:00 a 13:00.

ENTREGA DE NOTAS E RECLAMACIÓNS SETEMBRO

DATA

ACTUACIÓNS

VENRES 03/09/2021

Publicaranse as notas a través de AbalarMóbil a partir das 17:00h.

LUNS 06/09/2021

Ás 10:00h entrega de boletíns de notas e consellos orientadores nas aulas de referencia

LUNS 06/09/2021

MARTES 07/09/2021

De 10:00h a 14:00h poderase reclamar ante a Dirección do Centro.

MÉRCORES 08/09/2021

Ás 14:00h farase a comunicación das resolucións dos departamentos ás/os interesadas/os

XOVES 09/09/2021

De 10:00h a 14:00h poderase reclamar ante a Xefatura Territorial

LISTAXES PROVISIONAIS DO FONDO DE LIBROS E VALES DE MATERIAL

No taboleiro interior do edificio Vilar Ponte I atópanse publicadas as listaxes provisionais dos beneficiarios do fondo de libros e os vales para a adquisición de material escolar. 

O IES VILAR PONTE ENTRE OS 20 MELLORES CENTROS NAS PROBAS ABAU

Parabéns aos alumnos e alumnas, familias e equipo docente polos bos resultados .

Aos parabéns do centro educativo  engadir a felicitación do Conselleiro de Educación da Xunta a todos os alumnos e alumnas presentados.

 

 

 

Convocados os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2020/21

Enlace á información

O prazo de solicitudes será dun mes: comezará o día 7 de xuño de 2021 e rematará  o día 6 de xullo de 2021

 

CONVOCATORIA RESIDENCIAS UNIVERSIDADE DE SANTIAGO

Informamos de que acaba de saír a convocatoria para prazas en residencias na Universidade de Santiago de Compostela. Estará aberto ata o día 28 de Xuño. Achegamos as bases para solicitar praza.

Información para alumnado con L.Francesa Pendente

Información:

Data do Exame: 25 de maio

Hora e lugar:  ás 8:20  na aula de 1º ESO A  ( 2º piso Ed. Pastor Díaz)

Contidos:   

                1º ESO e 2º ESO , Promenade 1/2

               3º ESO:  4 Primeiros temas  _ Facile3

 

 

Recollida de Titulos

Todos aqueles alumnos e alumnas que promocionaron no curso 2019/2020 poden pasar a recoller o Título pola Secretaría do centro.

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio. Comezo do período de inscrición da convocatoria 2021

Aberto o período de inscrición para probas de acceso a ciclos formativos de grao medio, do 15 ao 26 de marzo de 2021, ambos incluídos.

Máis información.

Distribuir contido


by Dr. Radut