Skip to Content

AVISO SOBRE O COMEZO DE CURSO

Estimados membros da comunidade educativa do IES Vilar Ponte:

En xullo, atendendo ao protocolo vixente daquela, o equipo directivo traballou para deixar o curso 20/21 preparado: asignados os alumnos por aula e materia, distribuidas as horas nos departamentos, separadas as mesas e demais mobiliario nas aulas a 1m...

O 31 de Agosto, a Xunta publicou un novo protocolo, que tiraba polo chan todo o traballo feito: os alumnos tiñan que estar a 1,5m. Isto implica que as aulas reducen drasticamente a súa capacidade (pasan de 40 a escasos 18-19, e de 30 a 15...). Por tanto, houbo que recalcular o número de grupos por curso, número de profesores necesarios, retirar todo o mobiliario que non fose estrictamente necesario (houbo que desmontar a aula de música, as dúas de plástica, a biblioteca: instrumentos musicais da sala de música, sofás da biblioteca, mesas e sillas sobrantes das aulas, taquillas...).

O equipo directivo traballou incluso en sábado para poder ter todo preparado nas mellores condicións posibles. Neste momento, o centro está preparado para impartir clase cos alumnos a 1,5m. Pero agora mesmo as informacións desde Inspección educativa son contradictorias:

A día de hoxe (11 de setembro) non sabemos se vamos contar co profesorado extra necesario prometido, se vamos poder ter un grupo máis por curso ou non, se os rapaces van estar a 1,5 m ou a 1m con mamparas... Nesta situación, é MATERIALMENTE IMPOSIBLE comezar o curso nas datas previstas (16 a 18 deste mes).

Seguiremos informando.

E Equipo Directivo.



page | by Dr. Radut