Skip to Content

EXPOSICIÓN COLECTIVA "50 ANOS DO VILAR"

Este curso 2017-18 o IES Vilar Ponte celebra os seus primeiros 50 anos de vida.

 

Con motivo desta celebración, a comunidade educativa está organizando unha exposición colectiva na que nos gustaría que todos vosoutros, alumnos, persoal docente e non docente de hoxe e de onte participásedes achegándonos algunha lembranza.

Calquera obxecto que vos lembre os anos de instituto, fotos de excursións, de grupos, recortes de prensa, boletíns de notas... calquera cousa.

Debedes indicar o voso nome e ano no que estivestes no centro para organizala por anos (e logo poder devolvelos)

Se queredes participar, o correo electrónico do centro é:  ies.vilar.ponte@edu.xunta.es.

Tamén nos podes seguir en twiter: @vilarponte

 

 

 

 



page | by Dr. Radut