Skip to Content

PROCESO DE RESERVA E ADMISIÓN CURSO 20-21

RESERVA DE PRAZA

O alumnado procedente dos centros adscritos terá prioridade para a admisión de conformidade co artigo 9.2 do Decreto 254/2012, do 13 de decembro.

O alumnado deberá presentar o anexo I

A reserva adquirirá carácter vinculante polo que se o/a alumno/a resultase admitido/a, deberá formalizar a matrícula en tempo e forma no centro de adscrición.

SOLICITUDE DE ADMISIÓN

O alumnado matriculado nun centro docente que desexe cambiar a outro centro, o alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición cando o número de prazas dispoñibles sexa inferior á demanda, e o alumnado que solicite posto escolar por primeira vez, presentará a solicitude que deberá axustarse ao modelo normalizado do anexo II.

CENTROS ADSCRITOS ao IES VILAR PONTE:

CEP LOIS TOBÍO

CEIP COVAS

CPR LANDRO

PRAZOS

1. Prazo de presentación da solicitude de reserva de praza:

     do 1 ao 15 de febreiro

2. Prazo de presentación das solicitudes de admisión:

    do 1 ao 20 de marzo

INFORMACIÓN IMPORTANTE

1. Cada alumna ou alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. O infrinxir esta norma determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

2. O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

3. O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

PRAZOS DE MATRÍCULA

  • Do 25 de xuño ao 10 de xullo
  • do 1 ao 10 de setembro

IMPRESOS DE MATRÍCULA

  • Poden recollerse na secretaría do IES Vilar Ponte
  • Poden descargarse na páxina web do IES Vilar Ponte, no apartado de matrícula

Aplicación web da Consellería de Educación Admisiónalumnado

NOTA ACLARATORIA

-A reserva de praza é para o alumnado de centros adscritos (Anexo I).

-A admisión é para alumnado de centros non adscritos ou de nova incorporación (Anexo II).

 

AdxuntoTamaño
Reserva de praza_Anexo I.pdf1.04 MB
Solicitude Admisión_anexo II.pdf1.01 MB


page | by Dr. Radut