Skip to Content

PROTOCOLO FOLGA ALUMNADO

13.3. PROTOCOLO FOLGA ALUMNADO

 

O alumnado, en caso de folga, haberá de aplicar o seguinte protocolo de actuación:

  1. Cando o alcance da folga sexa exclusivamente o do propio centro a xunta de delegados redactará unha exposición dos motivos que os levan a convocar a folga na que se incluirá a súa xustificación.

  2. Cando o alcance da folga sexa superior ao propio centro ha de estar convocada por organizacións sindicais legalmente constituidas.

  3. Cando o alcance da folga sexa exclusivamente o dun grupo o delegado redactará unha exposición dos motivos que os levan a convocar a folga na que se incluirá a súa xustificación.

  4. O presidente da xunta de delegados ou o delegado de clase entregarán a acta de convocatoria de folga, xunto coas actas de asembleas dos grupos, a un membro do equipodirectivo ou en secretaría, con non menos de 48 horas de antelación ao desenvolvemento da folga.

  5. Dada unha convocatoria de folga, sexa de ámbito interno ou externo, a adhesión dos alumnos á mencionada folga será decidida en asembleas de grupo, convocadas por cada grupo, da que será preciso levantar acta, na que se incluirá unha lista dos participantes na mesma (Anexo II Folga). Esta acta será entregada ao equipo directivo con 48 horas de antelación ao día da folga.

  6. No caso dos grupos de 1º e 2º de ESO será necesaria unha autorización individual asinada polos pais ou titores legais por cada un dos participantes na folga (Anexo I Folga).

  7. En caso de que nunha convocatoria de folga se decidise colectivamente non secundala, o alumnado que decida individualmente facelo, deberá presentar un documento de comunicación por escrito, onde consten os seus datos persoais, curso no que está matriculado, o motivo da folga, a duración da mesma e a súa adhesión á mesma. Este documento deberá ser entregado a un membro do equipo directivo ou en secretaria, con non menos de 48 horas de antelación ao desenvolvemento da folga.

  8. En caso de alumnos de 1º ou 2º de ESO, o documento deberá estar asinado polos pais ou titores legais.

  9. En calquera dos casos anteriores o centro deberá informar por escrito aos pais/nais ou titores legais de todo o alumnado menor de idade das seguintes cuestións: (Anexo III Folga)

    • As datas nas que o alumno/a menor de idade secundará a folga.

    • Que nesas datas, co fin de non entorpecer o normal desenvolvemento das clases, o alumno/a non deberá asistir ao centro.

    • Que no caso de que un alumno/a acudir ao centro non se lle terá en conta a súa decisión de participar na folga e deberá asistir a clase con normalidade

(Actualizado o 25/10/2016)

 

AdxuntoTamaño
Folga alumnado anexo1.pdf130.87 KB
Folga alumnado anexo2.pdf124.65 KB
Folga alumnado anexo3.pdf125.57 KB


book | by Dr. Radut