Skip to Content

DEREITO Á FOLGA DO ALUMNADO

 DEREITO Á FOLGA DO ALUMNADO

 

A folga do alumnado non está recollida explicitamente, senón que se pode interpretar como unha consecuencia do dereito de reunión, no artigo 8 da LODE de 1985, modificado pola LOE de 2006, na Disposición derradeira primeira, nos seguintes termos:

«Co fin de estimular o exercicio efectivo da participación dos alumnos nos centros educativos e facilitar o seu dereito de reunión, os centros educativos establecerán, ao elaborar as súas normas de organización e funcionamento, as condicións en que os seus alumnos poden exercer este dereito. Nos termos que establezan as administracións educativas, as decisións colectivas que adopten os alumnos, a partir do terceiro curso da educación secundaria obrigatoria, con respecto á asistencia á clase non terán a consideración de faltas de conduta nin serán obxecto de sanción, cando estas fosen resultado do exercicio do dereito de reunión e sexan comunicadas previamente á dirección do centro.»

Pódese entender pois, que este dereito está recoñecido a partir do terceiro curso de ESO, como exercicio do dereito á toma de decisións colectivas. Establécese tamén a necesidade de que os centros regulen nas súas normas como deberá concretarse este dereito.

Polo tanto estas NOFC establecen que:
  1. Teñen dereito á folga os alumnos de 3º de ESO e cursos superiores.

  2. Teñen dereito a sumarse á folga a título individual os alumnos de 1º e 2º de ESO, coa autorización expresa dos pais ou titores legais.

  3. En calquera caso o centro informará aos pais ou titores legais dos alumnos menores de idade que secunden a folga.

  4. O alumnado ten dereito a adherirse a convocatorias de folga externamente convocadas por organizacións sindicais legalmente constituidas ou ben organizar convocatorias de folga de ámbito interno no centro.

  5. Cada alumno ten o dereito de asistir normalmente á clase no caso de non secundar individualmente a folga, ainda que fose secundada polo seu grupo ou polo alumnado do centro no seu conxunto.

  6. Cada alumno ten o dereito de secundar individualmente a folga no caso de que o seu grupo ou o alumnado do centro no seu conxunto acordase non secundala.

  7. Os alumnos participantes na folga só poderán utilizar as instalacións do centro para a realización de asambleas, previamente solicitadas e concedidas pola Dirección.

  8. Os alumnos en folga que permanezan no centro estarán sometidos á disciplina habitual do mesmo. En ningún caso se permitirá que a actuación dos alumnos en folga entorpeza o normal desenvolvemento das actividades do centro.

  9. A inasistencia á clase do alumnado durante a folga considerarase unha falta xustificada a todos os efectos.

  10. Os alumnos que falten a un exame por estaren participando na folga, teñen dereito a que se lles realice o exame outro día.

  11. Non terán consideración de folga, e polo tanto non estará amparada polo presente regulamento, o abandono colectivo da aula por un grupo de alumnos. Tales conductas serán consideradas como faltas contrarias ás normas de convivencia.

  12. Os alumnos teñen os dereitos anteriormente enumerados cando a súa participación na folga se formalice correctamente en tempo e forma, de acordo co procedemento e protocolo establecido nestas normas (Vid. Protocolo folga alumnado)

(Véxase tamén o arquivo adxunto protocolo folga alumnado)

(Actualizado o 25/10/2016)

 

AdxuntoTamaño
Protocolo folga alumnos.pdf121.8 KB
Folga alumnado anexo1.pdf130.87 KB
Folga alumnado anexo2.pdf124.65 KB
Folga alumnado anexo3.pdf125.57 KB


page | by Dr. Radut