Curso 2017-2018
TESTEMUÑAS DE EX-ALUMNOS DO CENTRO PARTICIPANTES NO PROGRAMA ERASMUS (II)
Enviado por fernandoe o Mér, 08/11/2017 - 22:05Continuamos coas testemuñas dos ex-alumnos do Centro que participaron no programa europeo Erasmus. Hoxe publicamos os vídeos de Carmen Bellas, Cristina Cobas (na actualidade profesora de Física e Química no Centro), Consuelo González, Cristina Pino e Bea Vila. Pincha na imaxe inferior para acceder a eles.
- APIs de Blogue
AS ALUMNAS ROSA DO CARME ARAÚJO CASTELO E ADA FREIRE VÁZQUEZ PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE ESO AO RENDEMENTO ACADÉMICO
Enviado por fernandoe o Mar, 07/11/2017 - 21:44
As alumnas de 1º de Bacharelato do IES Valle Inclán Rosa María Araújo Castelo e Ada Freire Vázquez acaban de obter o premio extraordinario de Educación Secundaria Obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2016-2017, que a Consellería de Educación concede a 20 estudantes galegos. É de destacar que o IES Valle Inclán xunto co colexio Manuel Peleteiro de Santiago foron os únicos centros educativos de Galicia que tiveron dous alumnos premiados.
Os vinte alumnos obtiveron unha nota igual ou superior a 9 de media na Educación Secundaria Obrigatoria e así mesmo lograron as mellores cualificacións na proba realizada para optar a ditos premios, que estaba estruturada en dúas partes. Unha primeira relacionada coas materias de lingua galega e literatura, lingua castelá e literatura e primeira lingua estranxeira; e unha segunda sobre xeografía e historia, matemáticas orientadas ás ensinanzas académicas e unha materia a escoller entre bioloxía e xeoloxía, economía, física e química, e latín.
Cada premio está dotado cunha contía de 750 € e supón a anotación da distinción no seu expediente académico, así como un diploma acreditativo. Ademais outórgalles a posibilidade de concorrer aos premios nacionais de educación secundaria obrigatoria.
Noraboa e os maiores parabéns a Rosa e Ada.
Noticia publicada en Pontevedra Viva o martes 7 de novembro
Noticia publicada na edición dixital do Diario de Pontevedra do mércores 9 de novembro
- APIs de Blogue
INTERCAMBIO ALEMÁN 2017-2018
Enviado por fernandoe o Mar, 07/11/2017 - 05:29O alumnado alemán xa está de volta na casa. Foron uns días inesquecibles onde os estudantes alemáns compartiron aula cos compañeiros que os acolleron. Tamén houbo tempo para excursións: Aquarium Finisterrae na Coruña, Santiago de Compostela, Baiona, Santa Tegra, Valença, recepción no Concello e na Diputación. En resumo unha experiencia marabillosa para todos eles. Pincha na imaxe para ver máis fotografías.
- APIs de Blogue
TESTEMUÑAS DE EX-ALUMNOS DO CENTRO PARTICIPANTES NO PROGRAMA ERASMUS(I)
Enviado por fernandoe o Ven, 03/11/2017 - 06:01Ao longo deste mes e con motivo do 30 aniversario do programa europeo Erasmus, algúns ex-alumnos do centro compartiron connosco mediante gravacións de audio ou video como viviron e que lles aportou a súa participación neste programa nalgún curso da súa carreira universitaria. Pincha na imaxe inferior para ver o audio de Adrián Aperador e os videos de Adrián Fernández, África Rodríguez, Alejandro Jáuregui e Ángel Gutiérrez.
- APIs de Blogue
ENTREGA DE PREMIOS II CERTAME DE RELATOS ESPERPÉNTICOS DO IES VALLE INCLÁN
Enviado por fernandoe o Mér, 01/11/2017 - 08:12Este luns 30 de outubro ás 12:50 horas tivo lugar no paraninfo do Centro a entrega dos premios do II Certame de relatos esperpénticos do IES Valle Inclán en lingua Galega e lingua Castelá. Temos que destacar a gran participación do alumnado no concurso e no recitado e interpretacións musicais que tiveron lugar durante o acto. Os premios foron entregados pola directora e as xefas de departamento de Castelán e Galego. Pincha na imaxe para ver máis fotografías e na parte inferior están os premiados do concurso. Noraboa a todos eles.
- APIs de Blogue
O IES VALLE INCLÁN SELECCIONADO PARA PARTICIPAR NO PROGRAMA DE ESCOLAS EMBAIXADORAS DO PARLAMENTO EUROPEO
Enviado por fernandoe o Dom, 29/10/2017 - 13:39O IES Valle Inclán foi seleccionado para participar no programa de Escolas embaixadoras do Parlamento Europeo. Este programa achega o Parlamento Europeo a alumnado e profesorado converténdoo en embaixadores da sede da democracia europea, a través de traballos en clase e actividades relacionadas con Europa. Nesta programa participarán as profesoras Leonor Rodríguez Tato de Francés e Ana Mª Santos Solla de Educación Física xunto co alumnado de 4º ESO A.
- APIs de Blogue
XUBILACIÓNS 2017
Enviado por fernandoe o Dom, 29/10/2017 - 04:39O pasado venres 27 de setembro celebramos a comida de xubilación dos profesores José Luis López de Guereñu de Xeografía e Historia, José Manuel Gulías Márquez de Educación Física, Emilio Miguel Bellas Jiménez de Física e Química e Marcos Seixo Pastor de Lingua Galega. Este curso tamén xubilaronse as profesoras Rosa Mª Gómez Cuerpo e Mª Rita Enguídanos Floriani de Lingua Galega e Mª Esther Domínguez Soto de Inglés.A todos eles a nosa felicitación, moitas grazas pola súa dedicación docente ao longo de tantos anos e os mellores desexos nesta nova etapa das súas vidas. Pincha na imaxe para ver máis fotografías.
- APIs de Blogue
BENVIDA AO ALUMNADO ALEMÁN DO INTERCAMBIO
Enviado por fernandoe o Mér, 25/10/2017 - 21:33Este luns 23 de outubro chegou o alumnado alemán de intercambio, que estará conosco ata o xoves 2 de novembro. Ao longo destes días realizarán diferentes visitas culturais e acompañarán aos seus compañeiros nalgunhas clases no Centro. Os nosos alumnos visitarán Alemania entre o 2 e o 11 de decembro. Na fotografía inferior temos a recepción do Alcalde no Concello.
Noticia publicada na edición dixital do Diario de Pontevedra do xoves 26 de outubro
Noticia publicada na edición dixital do Faro de Vigo do xoves 26 de outubro
- APIs de Blogue
FOTOS DA VISITA AO PARLAMENTO EUROPEO EN BRUSELAS DO ALUMNADO DE 2º DE BACHARELATO
Enviado por fernandoe o Ven, 20/10/2017 - 05:0950 alumnos de 2º de Bacharelato visitaron en Bruselas o Parlamento Europeo invitados polo Eurodiputado D. José Blanco López, onde coñeceron o traballo que se desenvolve na Eurocámara. Aparte desta actividade o alumnado poido coñecer as cidades de Bruselas, Gante e Bruxas. Pincha na imaxe para ver máis fotografías da viaxe da alumna Laura Salán.
Artigo publicado na edición dixital do Faro de Vigo o venres 13 de outubro
- APIs de Blogue
NON PARAN AS ACTIVIDADES CO ALUMNADO FRANCÉS DE INTERCAMBIO DO PROGRAMA ERASMUS+
Enviado por fernandoe o Ven, 20/10/2017 - 04:52Non paran as actividades co alumnado francés de intercambio do programa Erasmus+: Actividade de Kayak na Illa de Arousa, realizar a derradeira etapa do Camiño de Santiago, acto de acollida do alumnado ex-erasmus do Centro, escalada, orientación na Illa das Esculturas... Pincha na imaxe para ver todas as fotografías.
- APIs de Blogue
ENTREVISTA NA CADENA COPE ÁS PROFESORAS DO PROGRAMA ERASMUS+ YES YOUNG EUROPEAN IN SPORTS
Enviado por fernandoe o Xov, 19/10/2017 - 20:43Pincha na imaxe para poder escoitar a entrevista na cadena Cope ás profesoras do programa Yes Young European in Sports Ana Santos e Isabel Albar. Abarca dende o minuto 3:20 ata o 12:45.
- APIs de Blogue
ACTO DE ACOLLIDA DE EX-ALUMNADO ERASMUS DO IES VALLE INCLÁN
Enviado por fernandoe o Xov, 19/10/2017 - 20:26Con motivo do 30 aniversario do programa europeo Erasmus, no que o Centro está involucrado co programa Erasmus+ Yes Young European in Sports, coordinado pola profesora de Educación Física Ana Santos Solla en colaboración con institutos franceses, tivo lugar no paraninfo un acto de acollida de ex-alumnado do IES Valle Inclán que participou no programa Erasmus en diferentes países de toda Europa. Asistiron 22 ex-alumnos dos máis de 200 cos que se contactou nestes últimos meses. Aquí tedes un vídeo-resumo do evento e pinchando na imaxe o artigo publicado na voz de galicia o venres 20 de outubro ou no texto para ver o publicado no Faro de Vigo.
Artigo publicado na edición dixital do Faro de Vigo o mércores 18 de outubro
Artigo publicado en pontevedraviva.com o venres 20 de outubro
- APIs de Blogue
XA ESTÁ CONNOSCO O ALUMNADO FRANCÉS DO PROGRAMA ERASMUS+
Enviado por fernandoe o Lun, 16/10/2017 - 20:36Este luns 16 de outubro o alumnado francés do Lycée Felix Faure de Beauvais do programa europeo Erasmus+ Yes Young European in Sports foi recibido polo equipo directivo do Centro para a continuación iniciar un intensísimo plan de actividades que terá lugar ao longo desta semana. No día de hoxe tivo lugar a recepción na Diputación Provincial, practicaron Kung Fu con Marta Sánchez Rancaño e foron recibidos no albergue de peregrinos polo Presidente de Amigos do Camiño Portugués Don Tino Lores. Pincha na imaxe para ver máis fotografías e/ou no texto para ver un vídeo-resumo da actividade de Kung Fu.
- APIs de Blogue
O IES VALLE INCLÁN LOCALIZA A 204 EX-ERASMUS QUE FORON ALUMNOS DO CENTRO
Enviado por fernandoe o Mér, 11/10/2017 - 06:42Pincha na imaxe para ver o artigo publicado en Pontevedra Viva o martes 10 de outubro.
- APIs de Blogue
II CERTAME DE RELATOS ESPERPÉNTICOS DO IES VALLE INCLÁN
Enviado por fernandoe o Ven, 06/10/2017 - 05:06O IES Valle Inclán convoca o II Certame de relatos esperpénticos en Castelán e Galego para o alumnado do noso Centro. Haberá un total de 12 premios entre as dúas linguas. Con este certame dase continuidade ao celebrado o pasado curso como homenaxe ao 150 aniversario do nacemento de Valle-Inclán. Tedes toda a información nas seguintes ligazóns.
II Certame de relatos esperpénticos en Lingua Galega
II Certame de relatos esperpénticos en Lingua Castelá
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »