Taboleiro

Visita a Edugal

O xoves 5 e o venres 6 de outubro, os alumnos de 4º ESO, de 2º Bach e un grupo reducido de 1º Bach , visitaron Edugal Pontevedra 2023. Algúns asistiron a uns talleres  de Intelixencia Artificial, Videoxogos e Modelado 3D.

 

11 Alumnos/as do IES Valle Inclán entre os mellores expedientes das ABAU

 

No acto de RECOÑECEMENTO AOS MELLORES EXPEDIENTES DAS ABAU 2023 celebrado en Santiago de Compostela este xoves, 21 de xuño, foi homenaxeado un numeroso grupo de alumnado do IES Valle-inclán que nomeamos a continuación:

- Pablo Dacuña Ríos.
- Ignacio López Suárez.
- Sofía Rivas Cancela.
- Ana Subirán Rodríguez.
- Joao Keneu Monteagudo Canevari.
- Pablo Mouriño Lorenzo.
- Almudena Suárez Ruíz.
- Martín Xavier Flores Rodríguez.
- María Peña Suanzes.
- Samuel Botica Fuentes.
- Martín Souto Barreiro.


Parabéns a todos/as.

SARA CAMPO SANTIAGO E BRAIS DUEÑAS OTERO DE 4ºESO D GAÑADORES DO PREMIO Á REPORTAXE COA MELLOR ADAPTACIÓN TEMÁTICA DO CONCURSO DE OPMEGA

Este venres 6 de maio os alumnos Sara Campo Santiago e Brais Dueñas Otero de 4º ESO D recibiron o seu premio á reportaxe coa mellor adaptación temática do concurso de fotos e vídeos sobre a miticultura de OPMEGA (Organización de Produtores de Mexillón de Galicia). A gala final de entrega de premios tivo lugar en Villagarcía e foi presentada por Antón Touriñán e Carlos Blanco. Noraboa aos gañadores e a todo o alumnado participante.

A primeira foto é da alumna Mara Peón de 4ºESO F que nos representou no apartado de fotografía,  pica na segunda imaxe para ver todas as fotografías da gala e na inferior para ver o vídeo gañador de Sara e Brais. 

 

  

CLAUDIA VEIRAS TROITIÑO E JULIA MARTÍNEZ LOSADA GAÑADORAS DO CONCURSO DE MICRO RELATOS "A MULLER E A NENA NA CIENCIA"

A alumna Claudia Veiras Troitiño acadou o primeiro premio do concurso de micro relatos "A muller e a nena na ciencia", organizado polo Concello de Pontevedra en colaboración con Gciencia, polo seu traballo "Pequenas accións, grandes resultados". O segundo premio tamén foi para unha alumna do noso centro, Julia Martínez Losada, polo seu traballo "Loitar para triunfar". Parabéns ás nosas alumnas que recolleron os seus premios as 12:00 horas no Pazo da Cultura no Encontro de Divulgadoras Científicas que se celebrou o 11 de Febreiro. Pica na primeira fotografía para ver o artigo publicado en Pontevedra Viva e poder escoitar o podcast de Conversas na Ferrería na que participaron Claudia e Julia e na segunda para ver as fotografías e un vídeo do acto de entrega de premios.

 

PILAR GARNELO SEGUE ACADANDO ÉXITOS: MEDALLA DE PLATA NA LINX CUP DE ESGRIMA DE BARCELONA

A alumna de 4º de ESO Pilar Garnelo Hermida segue acadando éxitos no mundo da esgrima. Pilar que pertence á Escola Hungaresa de esgrima obtivo unha medalla de plata na Linx Cup de Barcelona e atópase agora no 4º posto do ranking nacional. Pica na imaxe para ver o artigo publicado en Pontevedra Viva.

ENTREGA DE PREMIOS DO VI CONCURSO DE RELATOS VALLE-INCLÁN

O venres 20 de decembro celebrouse mediatizado pola ola da pandemia, un sinxelo acto de entrega dos premios do VI Concurso de relatos Valle-Inclán organizado polo Departamento de Lingua Castelá no paraninfo do Instituto. O acto foi presentado polas alumnas de 2ºESO B Irene Rial e Carmen Prieto e contou coa presencia dos premiados e dun pequeno grupo de alumnado. Temos que destacar a boa calidade dos relatos presentados segundo a opinión do xurado.

O alumnado premiado foi:

Pica na imaxe para ver as fotografías do acto:

 

 

 

XINCANA PARA 1ºESO C COMO GAÑADORES DA RECOLLIDA DO BANCO DE ALIMENTOS

Este martes 22 de decembro o alumnado de 1ºBacharelato E preparou unha xincana para o alumnado de 1ºESO C por ser o grupo gañador da recollida do Banco de Alimentos. Unha divertida actividade para rematar o trimestre. 

O ALUMNO DE 1º DE BACHARELATO IGNACIO LÓPEZ SUÁREZ PREMIO EXTRAORDINARIO DE ESO AO RENDEMENTO ACADÉMICO

O alumno de 1º de Bacharelato Ignacio López Suárez acadou o Premio Extraordinario de Educación Secundaria Obrigatoria ao rendemento académico. Pica na ligazón para ver o nome dos premiados e na fotografía para ver o artigo publicado na edición dixital do Diario de Pontevedra. Parabéns e noraboa, Ignacio.

Orde DOG luns 8 de Novembro

PAULA DOMÍNGUEZ BARREIRO PREMIO EXTRAORDINARIO DE BACHARELATO 2020-2021

A alumna de 2º de Bacharelato no curso 2020/2021 Paula Domínguez Barreiro é un dos catro Premios Extraordinarios de Bacharelato que se obtiveron na provincia de Pontevedra. Parabéns a Paula e moita sorte na etapa universitaria que agora comeza. Pica na imaxe para ver o artigo publicado na edición dixital do Diario de Pontevedra.

 

 

Distribuir contido