Curso 2017-2018

O ALUMNO JOSE M VILLAVERDE CAMPOS CAMPIÓN DE ESPAÑA DE SALVAMENTO ACUÁTICO

O alumno de 1º de Bacharelato D Jose M Villaverde Campos proclamouse campión de España de Salvamento Acuático na proba de 8 km sky que tivo lugar en Valladolid.

Os maiores parabéns para o campión.

OBXECTIVO: ACABAR CO ACOSO ESCOLAR: ARTIGO PUBLICADO NO DIARIO DE PONTEVEDRA

Pinchando na imaxe teredes acceso ao artigo publicado na edición dixital do Diario de Pontevedra o luns 2 de outubro no que intervén a Directora do Centro Dna. María del Pilar Freitas Juvino.

O IES VALLE INCLÁN ÚNESE AO PROXECTO E-DIXGAL EN 1º E 2º DE ESO

Pincha na imaxe para ver o artigo publicado na edición dixital do diario de Pontevedra do domingo 10 de setembro.

O IES VALLE INCLÁN Á CAZA DE EX-ERASMUS DO CENTRO

O instituto busca a arredor de 70 ex-Erasmus que participaron neste programa en calqueira parte de Europa. Pinchade na imaxe para ver o artigo publicado o 3 de Agosto na Voz de Galicia.

O ALUMNO DE 4º DE ESO PEDRO AMENEIRO SUBCAMPIÓN DE EUROPA DE VELA SUB-17 NA CATEGORÍA 420

O alumno de 4º de ESO Pedro Ameneiro pertencente ao Real Club Naútico de Vigo vense de proclamar xunto co seu compañeiro Martín Wizner subcampións de Europa sub-17 na categoría 420 de Vela na competición que tivo lugar en Atenas. Os maiores parabéns pola medalla de prata acadade e a seguir obtendo éxitos. Pinchade na imaxe para ver o artigo publicado na edición dixital do Faro de Vigo do 31 de xullo.

Distribuir contido