BENVIDOS AO ESPAZO WEB DO IES VALLE INCLÁN

 Recreación da fachada do Instituto, de Isidro Cortizo, a partir dun linóleo feito por ex-alumnos de 4º da ESO (fachada de Primavera)

Entra virtualmente ao Paraninfo do Instituto. Animación feita por ex-alumnos de 4º ESO

LISTAXES DOS LIBROS DE TEXTO CURSO 2024-2025

Reclamacións ás cualificacións finais

 

 

Convocatoria extraordinaria 1º Bacharelato 

Cualificacións finais ESO

Trámites e actuacións

Prazos


 
Revisión no centro


Reclamación formal ante a dirección. (Dous días hábiles, desde o día seguinte á comunicación)


27,28 de xuño de 2024


Decisión de modificación ou ratificación da cualificación final con informe do departamento didáctico e comunicación á persoa reclamante (Primeiro día hábil seguinte a aquel en que finalice o período de solicitude da revisión)


1 de xullo de 2024


 
 
 
Reclamación ante a Dirección Territorial


Solicitude de reclamación ante a Dirección Territorial, se persiste o desacordo. (Dous días hábiles, desde o día seguinte á comunicación da decisión adoptada)


2 e 3 de xullo 2024


Envío do expediente á Dirección Territorial


Data límite: 5 de xullo de 2024

 

PRAZO DE MATRÍCULA CURSO 2024-2025

PRAZO DE MATRÍCULA

CURSO 2024-2025

 

O prazo de matrícula legalmente establecido remata o día 8 de xullo de 2024. Para unha mellor organización e trala entrega de notas, o IES Valle Inclán establece uns días de matrícula para cada curso, de maneira que na medida do posible se realice a matrícula nos seguintes días:

 

1º ESO: 27 DE XUÑO

2º ESO: 28 DE XUÑO

3º ESO: 1 DE XULLO

4º ESO: 2 DE XULLO

1º BACH: 3 DE XULLO (Modalidade de Ciencias e Tecnoloxía)

                4 DE XULLO (Modalidade de Humanidades e CC. SS.)

2º BACH: 5 DE XULLO (Modalidade de Ciencias e Tecnoloxía)

                8 DE XULLO (Modalidade de Humanidades e CC. SS.)

Horario de matrícula:  08:30 h. - 13:00 h.

 

Ao alumnado do centro o impreso de matrícula entregaráselle co boletín de notas. Para o novo alumnado, estará dispoñible na conserxería do centro a partir do día 21 de xuño.

Viaxe a Francia, intercambio.

Preme enriba para ver o vídeo

Fomento de hábitos de alimentación saludable

Cálculo metabolismo basal y gasto energético.

ÁNGELA LAGO COBAS RECOLLEU O PRIMEIRO PREMIO DA OLIMPÍADA DE LATÍN.

O xoves 13 de xuño tivo lugar no Salón de Graos da facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela a entrega de premios da IX Olimpíada de tradución de textos clásicos. O acto estivo presidido polo Presidente da SEEC-Galicia, o Director do Departamento de Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana da USC e o Decano da facultade de Filoloxía da USC.
A gañadora na modalidade de lingua latina, Ángela Lago, recibiu unha medalla, unha coroa de olivo e un premio de 300 euros.
PARABENS! 

Preme neste link para ve-la noticia no Diario de Pontevedra

https://www.diariodepontevedra.es/articulo/pontevedra/sempre-dixeron-que-estudara-que-apaixoara-farei-filoloxia-clasica-das-saidas-xa-vera/202406121120361308235.html

ÁNGELA LAGO GAÑADORA NA IX OLIMPÍADA DE TRADUCIÓN DE TEXTOS CLÁSICOS

O día 30 de maio Ángela Lago Cobas, Julia Carro Tomé e Marta Moldes Curra, alumnas de 2º de bacharelato, participaron na IX Olimpíada de Tradución de Latín, celebrada na Facultade de Filoloxía da USC, e na que Ángela Lago gañou o primeiro premio.
NORABOA!

Acto de graduación do alumnado de 2º Bach

 

O acto de graduación celebrouse na Finca Batacos o venres 25 de maio. ¡Noraboa a todo o alumnado de 2º Bacharelato do IES Valle Inclán!

Podedes ver máis fotos na galería: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesvalleinclan/galeria/displayimage.php?album=201&pid=3960#top_display_media

 

 

Distribuir contido