AS ALUMNAS ROSA DO CARME ARAÚJO CASTELO E ADA FREIRE VÁZQUEZ PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE ESO AO RENDEMENTO ACADÉMICO

As alumnas de 1º de Bacharelato do IES Valle Inclán Rosa María Araújo Castelo e Ada Freire Vázquez acaban de obter o premio extraordinario de Educación Secundaria Obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2016-2017, que a Consellería de Educación concede a 20 estudantes galegos. É de destacar que o IES Valle Inclán xunto co colexio Manuel Peleteiro de Santiago foron os únicos centros educativos de Galicia que tiveron dous alumnos premiados.

Os vinte alumnos obtiveron unha nota igual ou superior a 9 de media na Educación Secundaria Obrigatoria e así mesmo lograron as mellores cualificacións na proba realizada para optar a ditos premios, que estaba estruturada en dúas partes. Unha primeira relacionada coas materias de lingua galega e literatura, lingua castelá e literatura e primeira lingua estranxeira; e unha segunda sobre xeografía e historia, matemáticas orientadas ás ensinanzas académicas e unha materia a escoller entre bioloxía e xeoloxía, economía, física e química, e latín.

Cada premio está dotado cunha contía de 750 € e supón a anotación da distinción no seu expediente académico, así como un diploma acreditativo. Ademais outórgalles a posibilidade de concorrer aos premios nacionais de educación secundaria obrigatoria.

Noraboa e os maiores parabéns a Rosa e Ada. 

Noticia publicada en Pontevedra Viva o martes 7 de novembro

Noticia publicada na edición dixital do Diario de Pontevedra do mércores 9 de novembro