O IES VALLE INCLÁN SELECCIONADO PARA PARTICIPAR NO PROGRAMA DE ESCOLAS EMBAIXADORAS DO PARLAMENTO EUROPEO

O IES Valle Inclán foi seleccionado para participar no programa de Escolas embaixadoras do Parlamento Europeo. Este programa achega o Parlamento Europeo a alumnado e profesorado converténdoo en embaixadores da sede da democracia europea, a través de traballos en clase e actividades relacionadas con Europa. Nesta programa participarán as profesoras Leonor Rodríguez Tato de Francés e Ana Mª Santos Solla de Educación Física xunto co alumnado de 4º ESO A.