Formación en Centros de Traballo (FCT)

Presentación

 

Desde a coordinación da formación en centros de traballo levamos a cabo unha dobre función, por unha parte coordinamos o módulo de prácticas nas empresas  e por outra banda xestionamos a bolsa de traballo do IES Urbano Lugrís que permite poñer en contacto ás empresas cos alumnos/as que cursaron Formación Profesional no noso centro educativo. 

Os antigos alumnos/as poderán inscribirse na bolsa de emprego, actualizar os seus datos ou solicitar a baixa da bolsa de emprego a través do formulario correspondente.

Calquera empresa interesada en ofertar prazas para a realización  de prácticas pode poñerse en contacto connosco e solicitar alumnado en prácticas. 

As empresas que queran achegarnos as súas ofertas de emprego poderán facelo a través do formulario de oferta de emprego.

Iniciar sesión

Distribuir contido