Formación e Orientación Laboral (FOL)

FOL - Páxina principal

O departamento de Formación e Orientación Laboral (FOL) ten competencia directa para impartir os módulos profesionais de Formación e Orientación Laboral (FOL) e Empresa e Iniciativa Emprendedora (EIE), que son comúns a case todos os ciclos formativos vixentes.

1. O Módulo de formación e orientación laboral.

  • O módulo de formación e orientación laboral (FOL), inclúe formación relacionada coa seguridade e a saúde laboral, a avaliación e a prevención de riscos profesionais, a lexislación laboral básica, os dereitos e os deberes que derivan das relacións laborais, a organización do traballo e as relacións na empresa, así como a lexislación relativa á igualdade de oportunidades e non discriminación das persoas con discapacidade, e contribuirá de xeito específico a favorecer procesos de inserción laboral para o exercicio da profesión.
  • A superación do módulo de FOL acreditará a formación necesaria equivalente ao nivel básico de prevención de riscos laborais establecida no Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento dos servizos de prevención.

2. O Módulo de empresa e iniciativa emprendedora.

  • O módulo de empresa e iniciativa emprendedora inclúe formación no coñecemento do respectivo sector produtivo na Comunidade Autónoma de Galicia. Estará dirixido a fomentar a iniciativa emprendedora, a innovación e a creatividade na empresa. Incluirá, ademais, formación sobre a creación e a selección da forma xurídica e da xestión administrativa e financeira de empresas, o autoemprego, e a asunción de responsabilidades e funcións no emprego por conta propia, para facilitar o acceso ao emprego e a reinserción laboral. 

 

VALIDACIÓNS

dos módulos de Formación e Orientación laboral (FOL) e Empresa e Iniciativa Emprendedora (EIE)

 

 

PROBAS LIBRES

Programación dos módulos de Formación e Orientación laboral (FOL) e Empresa e Iniciativa Emprendedora (EIE)

 

 

 

Iniciar sesión

Distribuir contido