Skip to Content

Probas libres - Programacións dos módulos de Formación e Orientación Laboral (FOL) e Empresa e Iniciativa Emprendedora (EIE)

INFORMACIÓN ADICIONAL PARA AS PROBAS LIBRES

 

MÓDULO DE FORMACIÓN E ORIENTACIÓN LABORAL (FOL)

As preguntas tipo test, de opción múltiple, ou de relacionar, caso dunha resposta incorrecta, terán unha penalización na puntuación final para evitar eleccións ao chou.

Aínda que a proba está plantexada para cubrir todos os criterios de avaliación, polo que haberá preguntas de todos eles, na proba teórica incidirase na parte de prevención de riscos laborais e de dereito laboral, tendo os temas de equipos de traballo e procura de emprego un menor peso na cualificación total da primeira proba.

libro de texto recomendado para preparar a proba é

FORMACIÓN E ORIENTACIÓN LABORAL 9ª EDICIÓN. Autores: José Carlos González Acedo e Rosario Pérez Aroca. Editorial PARANINFO. ISBN 9788413679143

MÓDULO DE EMPRESA E INICIATIVA EMPRENDEDORA (EIE)

A  proba práctica está orientada principalmente á elaboración dun plan de empresa. Debido á limitación temporal da proba, e á laboriosidade desta tarefa, a súa cualificación realizarase medidante o deseño do lienzo de modelo de negocio, para deseñar nos seus aspectos esenciais os diferentes elementos básicos: proposta de valor, segmento de mercado, canles, relación con clientes, asociacións clave, actividades clave, recursos clave, fontes de ingresos e estrutura de custos. A idea de negocio será facilitada no momento da proba teórica, para que o/a aspirante a poida preparar. Pódese descargar o lienzo da páxina oficial http://www.businessmodelgeneration.com/canvas/bmc

O libro de texto recomendado para preparar a proba é

EMPRESA E INICIATIVA EMPRENDEDORA 4ª EDICIÓN. Autores: Beatriz Vázquez Blömer e Eva Asensio del Arco. Editorial PARANINFO. ISBN 9788428341653



page | by Dr. Radut