Actividades

Concurso Ignacio López Bueno: Premiados

Proclamación de Gañadores da XI Edición:

Gañador: Hugo Díaz Díaz de 3º ESO-B IES Terra de Trasancos

Mencións especiais do xurado aos traballos presentados por: David Mourón, Kira Guerra e Sofía García de 3º ESO-B IES Terra de Trasancos

e por: Andrea Pousa, Paula Rodríguez e Paula Ortiz de 3º ESO-B IES Terra de Trasancos

Concurso Ignacio López Bueno 2018

Convócase a edición de 2018 do Concurso Ignacio López Bueno. Picando neste enlace se accede ao cartel anunciador e aquí hai un acceso ás bases do concurso.

 

Resultado de imagen de presentaciones power point

CORO SOLIDARIUM A NEERPELT

Lembrade que o día 23 de marzo,ás 20,30 no Pazo da Cultura de Narón, teremos a Gala Solidaria para recaudar fondos para a nosa viaxe a Neerpelt, contamos coa presenza de todos!!!Xuntos o conseguiremos!!

Haberá moitas actuacións de calidade presentadas polo noso inigualable Dani Ríos e moitas sorpresas...agardámosvos!!!!

 

 

CONVOCADAS PROBAS DE ACCESO A CICLOS

A Consellería de Educación ven de convocar as probas de acceso a ciclos medios e superiores de Formación Profesional. Toda a información pode atoparse neste enlace

Reserva de Praza e Procedemento de admisión

Entre o días 1 e 15 de febreiro (incluidos) está aberto o procedemnto de reserva de praza para o curso 2018-19 para alumnos que cursen 6º de Primaria no CEIP A Gándara de Narón, ou nos outros centros adascritos: CPR Jorge Juan e CPR Santiago Apostol.

Para facer efectiva a reserva debe entregarse na Secretaría do instituto ou do seu centro o impreso (Anexo I) que pode atoparse picando no apartado de Secretaría, na marxe esquerda desta web.

Os alumnos que non cursen estudos nun centro adscrito terán aberto entre os días 1 e 20 de marzo o procedemento de Solicitude de Admisión. Dentro dese prazo deberán facer entrega na Secretaría do Instituto o Anexo II (impreso de Solicitude de Admisión que pode atoparse no apartado de Secretaría, na marxe esquerda desta web.

Alternativamente, ambos trámites poden facerse de xeito telemático na aplicación Admisión de alumnos á que pode accederse dende o portal da Consellería de Educación ou no seguinte enlace

2ª FASE DA SELECIÓN DE CANDIDATOS A BECAS ERASMUS+ PARA CICLOS SUPERIORES

Convócase aos aspirantes que se ennumeran no documento accesible neste enlace para a realización da proba de coñecementos de Inglés

 

 

SEMANA DAS ÁNIMAS EN TRASANCOS

 

CALENDARIO DA SEMANA DAS ÁNIMAS EN TRASANCOS

30 OUTUBRO AO 3 DE NOVEMBRO

 

1-   Os alumnos de 1º e 2º de ESO asistirán ás actividades programadas polo Equipo da Biblioteca co seguinte horario:

LUNS 30 DE OUTUBRO: 2º ESO B
10,30-11,20
MARTES 31 DE OUTUBRO: 2º ESO C
9,20-10,10 
 MARTES 31 DE OUTUBRO: 1º ESO B 
10,30-11,20 
XOVES 2 DE NOVEMBRO: 1º ESO A
12,30-13,20 
VENRES 3 DE NOVEMBRO: 2º ESO A E PMAR
9,20-10,10


2- Os alumnos que o desexen poderán traer nunha cartolina branca ou nunha lámina do block de debuxo unha ilustración da cabeza de Jack Skeleton, o protagonista de "Pesadilla antes de Navidad", ou calqueira outra ilustración dalgunha das personaxes de Tim Burton e entregarllas a Beatriz Lamigueiro o luns 30 de outubro. Cada ilustración entregada recibirá unha pequena recompensa.



 3- O luns 30 de outubro e o xoves 2 de novembro durante o primeiro recreo terá lugar unha proxección de curtas de Tim Burton para todos os alumnos do centro no Salón de Actos.



4- O venres 3 de novembro todos os alumnos poderán vir maquillados de forma terrorífica ou participar nun obradoiro de maquillaxe de Tim Burton que terá lugar durante os recreos do venres 3 de novembro no vestíbulo do centro.

 

PASADE ESTES TERRORÍFICOS MOMENTOS EN TRASANCOS COMO POIDADES!!!!

PRESENTACIÓN E COMEZO DO CURSO 2017/18

A presentación será o día 15 de setembro ás 12,15 e durará ata as 13,15. Haberá servicio de autobuses.

Lembrade traer boli e libreta para anotar os horarios e profesores.

O día 18 comezaremos as clases co horario habitual.

Bo curso para todos!!!!

PREMIO PARA O IES TERRA DE TRASANCOS. COUSAS DE VELLOS.

O pasado domingo recollimos un novo premio para esta curta feita polos alumnos de audiovisuais de Trasancos.

Noraboa a eles é á súa profe e a seguir facendo cine!!

Podedes ver a noticia e a curta aquí.

Premios Plan Proxecta

O noso centro figura entre os galardonados cun accessit na resolución dos Premios Proxecta que a Consellería de Educación reparte entre os participantes no Plan Proxecta, onde o IES Terra de Trasancos partcipou dentro de Proxecto Terra cun traballo no que se tenta levar aos alumnos participantes ao interese polo patrimonio cultural de Ferrolterra e con outros Proxectos dende que o Plan Proxecta existe.

Parabéns aos profesores participantes, e como non, aos alumnos implicados.

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/22863

http://www.galiciaartabradigital.com/archivos/161913

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer