Durante o mes de xuño ao alumnado de primeiro curso pasámoslles as probas DAFIS para o curso.
Co boletín de notas de xuño levaron o informe para as familias.
Durante o mes de xuño ao alumnado de primeiro curso pasámoslles as probas DAFIS para o curso.
Co boletín de notas de xuño levaron o informe para as familias.
O 21 de maio o alumnado de 2ºESO desprazouse camiñando dende o centro ata o campo de billarda de Nantes para participar nunha xornada de xogos tradicionais.
Tiveron ocasión de experimentar coa billarda, os bolos celtas, a chave e a petanca e incluso competir entre eles e elas....
O día 10 de maio celebrouse no Colexio Abrente de Portonovo a Carreira do Salnés organizada polo centro educativo con participación de máis de cen alumnos e alumnas do centro.
Despois das diferentes carreiras o alumnado do centro acadou algúns postos de honra.
PARABÉNS A TODOS/AS
Sanxenxo do 18/03/2024 ao 22/03/2024
Durante a semana do 18 ao 22 de marzo, o alumnado austríaco participante no intercambio vixou ata Sanxenxo para disfrutar da segunda parte do intercambio.
Foron recibidos no centro cunha "romaría galega" na que había produtos típicos de galicia e un obradoiro de baile tradicional.
Degustación de produtos típicos galegos Obradoiro de Baile Tradicional
Tamén foron recibidos/as no concello de Sanxenxo polo alcalde o Sr. Telmo Martín e a concelleira de Educación a Sra. Natividad Parada.
O Sr. Telmo Martín, alcalde de Sanxenxo e Nati Parada, concelleira de educación na recepción ao grupo no concello
https://pontevedraviva.com/xeral/102717/recepcion-estudiantes-austriacos-intercambio-ies-sanxenxo/
Realizaron visitas obrigadas a cidade de Pontevedra e Santiago de Compostela e ao igual que na viaxe da Austria, tiveron a oportunidade de realizar un tramo da ruta xacobea do Pai Sarmiento que pasa polo concello de Sanxenxo. Así subimos ata o mirador de Siradella para contemplar o itsmo da Lanzada e logo costeamos de praia en praia ata a ermita de Nosa Sra. da Lanzada.
Arroupando a Valle Inclán en Pontevedra Momento da visita guiada á cidade de Pontevedra
Foto de grupo na Capital de Galicia Lectura de textos en galego-inglés e alemán
Alumnado austríaco-galego no mirador do Siradella
O 20 de marzo tivo lugar na Illa das Esculturas a Fase provincial de orientación escolar na que participou o alumnado de 4ºESO. Non acadamos a clasificación para a seguinte fase pero o importante é a experiencia...
Seekirchen, 09/02/2024
No derradeiro día de estancia en Austria tivemos a ocasión de realizar un tramo do camiño xacobeo que pasa por Seekirchen en dirección a Sazlburgo. Foi unha mañá tranquila e relaxada a través dunha das veiras do Wallersee, o lago que se atopa nas inmediacións do centor educativo de Seechirchen
Sinaléctica do camiño de Santiago en Austria
Un alto no camiño!
Ás veces o camiño levábanos pola beira do lago e outras entre granxas e explotacións gandeiras
Seekirchen, 08/02/2024
Nesta xornada o alumnado gozou dun bombardeo de estímulos visuais e sensoriais que non van a esquecer en moito tempo. Desprazámonos ata a vila de Hallstat onde, ademáis de visitar o pobo, tamén poideron visitar unha das múltiples minas de sal da rexión.
Vista de Hallstat dende o mirador panorámico da mina de sal Igrexa de Hallstat e centro histórico
Despois dunha viaxe en autobús que nos levou polos principais lagos glaciares da Rexión de Salzburgo chegamos ao corazón das montañas que rodean Salzburgo e atopamos o pobo de Hallstat, famoso pola súa lagoa, o seu osario nunha construcción para aliviar a escasez de terreo no camposanto e a súa mina de sal, a máis elevada da rexión.
O grupo dende o mirador panorámico Minutos previos á entrada na mina Entrada á mina
Seekirchen, 07/02/2024
Segundo día na cidade de Salzburgo, hoxe tivemos ocasión de visitar a casa natal de Morzart, e coñecer un pouco a súa vida e traxectoria artística, e a Domquartier onde puidemos trasladarnos á época do compositor disfrazándonos de época.
Ademais tivemos a ocasión de camilñar polas rúas do casco vello da cidade de Salzburgo.
Casco vello de Sazburgo coa Fortaleza e o Untersberg ao fondo Centro histórico
Ataviados con traxes de época na "Domquartier"
Pola tarde visitamos a fábrica de cervexa "Stiegl"
Seekirchen 06/02/2024
No planing de hoxe tivemos a mañá ocupada visitando a Cidade de Sazburgo. Comezamos ben cedo cun paseo polo "Mönchsberg" (montaña dos monxes) que levounos ata o pe da fortaleza de Sazburgo. A visita á fortalezalevounos parte do tempo da maña xa que, a instalación e moi grande e ten moito que ver.
Vistas varias dende o "Mönchsberg", a montaña dos monxes
Chegando á fortaleza de Salzburgo Primeiros pasos dentro do recinto
Despois de tempo de lecer pola cidade e aproveitar para xantar algo desplázámonos en autobús urbán ata o teleférico que nos ía a subir ao "Untersberg". En poucos metros acadamos case os 2.000 metros de altitude... as vistas impresionantes.... e o vento tamén.... Por sorte non levou a ninguén voando e chegamos todos de volta sans e salvos a Salzburgo.
Na cima do "Untersberg" Aproximación á cima
Seekirchen, 5/02/2024
Despois dunha viaxe agotadora rematada cunha sesión de Bolwing en Sazlburgo e dunha xornada de domingo en famila, o alumnado participante no intercambio foi recibido no BG Seekirchen, o noso centro asociado para disfrutar dun día de actividades.
Alumnado participante no instituto austríaco Gozando dun almorzo austríaco
Recibíronos cun Almorzo típico austríaco ao que lle seguiu un obradoiro de música en inglés.
O alumnado austríaco fixo unha presentación en inglés e español dos lugares que íamos a visitar durante a nosa estancia e, despois de repoñer forzas trasladámonos ata Salzburgo para disfrutar unha tarde de patinaxe sobre xeo.
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 |
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |