Skip to Content

O teu recuncho

Lendo non temos "Nada que perder"

Onte, 8 de novembro, sacámonos de enriba unha espiña: tras varios anos in mente convertemos in re, fixemos realidade o Pedra do Acordo de adultos.

Ao redor de Nada que perder (a última novela de Susana Fortes) dez adultos, pertencentes ao profesorado e ao persoal de administración e servizos, falamos de Blanca Suances e de Lois Lobo “un adolescente con acné que practicaba piragüísmo en el equipo del instituto San Paio” que “andaba polas tascas del casco viejo con los libros bajo el brazo” colgando ás aulas acompañado dunha “jovencita de pelo largo”, indo da man “por las calles empinadas de piedra con balcones de hierro forjado y galerías acristaladas, en las que siempre había alguna mujer cosiendo que los miraba por encima de las gafas cuando se daban un arrumaco” e que unha noite improvisaba “un fado con la guitarra en la plaza de la Estrella, frente al Miño”. Na nosa posta en común a partir da novela non faltaron referencias aos “nenos de Trasaguas”,  aos mecanismos selectivos da memoria, aos tópicos da Galicia rural e o carácter dos seus habitantes, ás supersticións e á mitoloxía, ás pegadas da Guerra Civil no Baixo Miño, ao contrabando e o narcotráfico, á queima de libros... O tempo pasaba e quedamos citados para o próximo 22 cando remataremos con Nada que perder e comezaremos con Golpes de Luz.

De certo, os adultos lendo e comentando as nosas lecturas non temos “Nada que perder”

Cine para o verán 22

Presentacións das películas do último Cinexornal:

Cine para o Nadal 2021

As presentacións das películas e series do Cinexornal nº 10

 

As nosas cidades-violeta

Xa están chegando os primeiros murais coas cidades-violeta elaborados polas titorías.

Despois de traballar e falarmos de distintos micromachismos e actitudes machistas e violentas contra as mulleres (a partir de fontes bibliográficas: zona 396 da biblioteca e recursos virtuais) comezamos a construír os murais de lugares que, sendo na aparencia feministas e igualitarios, agochan micro e macromachismos, violencias e maltrato.

Con tinta invisíbel fomos escribindo moitos deses comportamentos e actitudes -de palabra, obra e omisión- que podemos ler con luz ultravioleta. Tamén pegamos códigos QR que nos levan a enlaces e materiais diversos sobre o tema.

Grazas a todos os membros da comunidade educativa implicados nesta actividade!

Ogallá que, con este traballo e reflexión, todos tomemos maior conciencia deste grave problema da nosa sociedade e actuemos en consecuencia!

 

Músicas de Xela

´

Kahoot Xela Arias

 Preme na imaxe para acceder ao xogo

Bookface Día do Libro

Despois de feita unha selección de libros convidamos ao alumnado a tirar unha foto integrándose na portada. Xa temos un monllo de creacións. Velaquí a exposición montada con algunhas das fotos:

Poetas de cine, poesía de película

As presentacións das películas do Cinexornal nº 8

Cine de mulleres, mulleres de cine

Presentacións das películas do Cinexornal 7:

Os versos de Rosalía con música entran

Distribuir contido


by Dr. Radut