Skip to Content

centenario

Xuño 2022

O GAITEIRO

Anxos de Galicia
tocaban harmónicas negras.

Este home trae herba nos pés
e un regato de violís nas maus.
Polas súas coxas
ruben hedras de música.

Non petedes nas portas de noite
nin botedes a rolo as pombiñas,
que este home
trae tódolos paxaros na súa gaita.

Xa non se deitan nenos polos prados.
O gaiteiro fai fitas de millo
e na súa boca hai vento de oriolos.

A mesma chuvia, vertical citola,
non baixa desde Deus, rube da gaita.

Luz Pozo Garza (1922-2020)

A nosa Agatha Christie e o noso Sherlock Holmes

Aproveitando o centenario do pasamento de Emilia Pardo Bazán (12 de maio de 1921) presentamos Los misterios de Selva, moi recente compilación de dúas novelas da nosa autora: La gota de sangre e a inédita Selva, novelas coas que Pardo Bazán cultiva o xénero policíaco-detectivesco. O protagonista, Ignacio Selva é un detective afeccionado, un enxebre Sherlock Holmes e a súa nai literaria é un precedente de Agatha Christie.

PARDO BAZÁN, Emilia, Los misterios de Selva (edición e prólogo de José María Paz Gago), Ézaro Ediciones, Santiago, 2021,  236 pp.

 

Cen anos con Delibes

O 12 de marzo de 2010 o noso club de lectura "Pedra do Acordo" redactaba a seguinte necrolóxica en lembranza de Miguel Delibes.

 
necrolóxica
 
Pasados algo máis de dez anos e medio, hoxe 17 de outubro, festexamos o centenario do nacemento deste novelista valisoletano e aproveitamos a efeméride para enlazar un traballo que nos achega a distintos aspectos da súa vida e obra:
 

Tamén se premes aquí poderás ler algúns dos seus contos.

Distribuir contido


by Dr. Radut