Skip to Content

aniversario

Aniversario de Molière

Aproveitamos a celebración do Día Mundial do Teatro para lembrar que este ano estamos a festexar o 400 aniversario do nacemento dun dos máximos representantes da comedia: o francés Molière.

Algunhas das súas obras están traducidas ao galego (O enfermo imaxinario ou Tartufo, por exemplo) e foron representadas por compañías galegas.

Non desperdiciemos  esta efeméride para ler en galego un dos clásicos universais.

E tamén podes consultar os artigos deste especial sobre o autor galo.

Un poema ao río e á ponte

Fragmentos do poema "A ponte" do granadino Manuel Benítez Carrasco (1922-1999) para festexar neste día ao río e á ponte:

Que mansa pena me dá!
A ponte sempre queda e a auga sempre se vai.

O río é andar, andar
cara ao descoñecido;
ir entre beiras vencido
e por vencido, chorar.
O río é pasar, pasar
e ver todo de pasada;
nacer na madrugada
dun manancial transparente
e morrer tristemente
sobre unha area salgada.
A ponte é como cravar
vontade e fundamento;
ser pedra no aire ao vento,
ver pasar e non pasar.

A ponte é como
cruzar augas que van de vencida;
é darlle a despedida
á vida e á morte
e quedar firme e forte
sobre a morte e a vida.
Espello teñen e feitura
o meu espírito e a miña fraqueza,
nesta ponte, firmeza,
e neste río, amargura.

https://www.poetasandaluces.com/poema/2207/

O coronavirus e a vella Ponte Internacional

Hoxe fai cento trinta e catro anos foi inaugurada a nosa vella ponte internacional.

Aquí, onde o pai Miño separa as terras galegas das súas irmáns lusas a ponte de ferro, deseñada por Pelayo Mancebo, monopolizou durante moito tempo o vínculo de unión entre dos pobos, vencello que hoxe comparte con outras pontes e novos medios de comunicación.

Longa vida a unha ponte que xa é unha icona da nosa cidade!

Neste aniversario, diante das extraordinarias circunstancias que estamos a vivir os minhotos de ámbalas dúas beiras, a ponte permanece pechada; oxalá pronto o que o home uniu, non o separe o coronavirus!

 

 

  

 

 

Coñece información sobre esta ponte e a súa construción neste enlace: http://tudensia.blogspot.com/2020/03/o-proceso-de-construcion-da-ponte.html

Distribuir contido


by Dr. Radut