Skip to Content

DÍA DA PAZ

O asasinato de Gandhi nun xornal da época

Gandhi e a marcha do Sal

Máis información sobre a Marcha do Sal: https://archivoshistoria.com/marcha-de-la-sal/

Gandhi en 28 episodios

Lembrando a Gandhi no seu 75 cabodano

GANDHI (1864-1948)

Home austero e modesto, co seu pensamento e acción, cuestiona e chega a alterar a orde política e ideolóxica do mundo no século XX, erixíndose en referente de todo tipo de mobilizacións contra a inxustiza.

Na India, colonia británica, onde a política era sinónimo de corrupción, Gandhi introduciu a ética na vida pública a través da palabra e o exemplo. Viviu nunha pobreza sen paliativos, non concedeu privilexios aos seus familiares rexeitando sempre o poder político, antes e despois da liberación da India. Este apóstolo da non violencia é único entre os revolucionarios de todos os tempos, o máis admirado e venerado dos líderes espirituais modernos.

Menor de tres irmáns, naceu o 2 de outubro de 1869 en Porbandar, cidade costeira de Kathiawar, (actualmente no estado de Guyarat-India). Fillo do primeiro ministro de Porbandar, Karamchand Gandhi, pertencente á caste vaisia (comerciantes) e Putlibai (cuarta esposa do seu pai) que influíu nel ata o punto de aprender a non facer dano a ningún ser vivente, a ser vexetariano, a xaxuar para purificarse, e a ser tolerante con outros credos relixiosos. Con trece anos, os seus pais arranxaron o seu matrimonio con Kasturbai Nakhanji, da súa mesma idade e caste, coa que tivo catro fillos.

Foi un estudante mediocre, estudou na súa cidade ata que en 1887 pasou con dificultade o exame de ingreso na Universidade de Mumbai. Preséntaselle a posibilidade de estudar en Inglaterra e matricúlase na University College de Londres, onde se licencia en Dereito e regresa á India para dedicarse á avogacía. Con bastante pouco éxito, terminará preparando peticións de litigantes, que tampouco frutificarán demasiado.

En 1893 acepta un contrato de traballo cunha compañía india que operaba en Sudáfrica. Alí sofre constantes humillacións por ser indio (sácano do tren por negarse a cambiarse a terceira clase cando viaxaba en primeira (https://www.youtube.com/watch?v=t3Bmabpx1vw); golpeado por negarse a deixar o seu asento, na dilixencia, a un pasaxeiro de pel branca; négaselle o aloxamento en varios hoteis…) o que lle fai poñerse en contacto cos problemas que sufría diariamente a xente negra en Sudáfrica.


Funda o Partido Indio do Congreso de Natal en 1894, a través do cal une á comunidade india de Sudáfrica nunha forza política homoxénea, enchendo a prensa e o goberno con denuncias de violacións dos dereitos civís dos indios e probas da discriminación, polos británicos, en Sudáfrica.
Durante esta época inspírase en Tolstoi, escritor co que permanecerá en contacto ata a súa morte en 1910, particularmente na obra o Reino de Deus está en Vós. Traduce outro libro seu: Carta a un indio (1908) en resposta aos nacionalistas indios que apoiaban a violencia. Tamén é influenciado polo escritor estadounidense Henry David Thoreau que escribiu o famoso ensaio A desobediencia civil.

O poeta Rabindranath Tagore daralle o nome de Mahatma, “grande alma”.



En 1915 regresa á India (https://youtu.be/e5CzhmMQc8Q) con hábitos e estilo de vida máis tradicionais indios profundando os seus coñecementos sobre relixión, filosofía... pero, sobre todo, presta principal atención á política.Do 12 de marzo ao 6 de abril de 1930 protagonizou unha importante protesta non violenta,    coñecida    como    Marcha    do    Sal (https://youtu.be/AA8DUgHw8a4, https://youtu.be/Xe0nkGcaIcI), que serviría de inspiración a movementos como os de Martin Luther King ou Nelson Mandela.



Cando o 1 de setembro de 1939 a Alemaña nazi invadiu Polonia, dando comezo á Segunda Guerra Mundial, Gandhi e os seus partidarios non apoiaron a guerra, a non ser que lle fose concedida a independencia inmediata á India (https://www.youtube.com/watch?v=qI1hPl9Msek) Os británicos arrestárono a el e a todo o comité de traballo do congreso en Bombai o 9 de agosto de 1942. Foi liberado o 6 de maio de 1944, debido ao seu débil estado de saúde, pois non querían que morrese en prisión e iso o convertese en heroe e mártir nacional.
Aínda que o movemento non violento da India tivo moderados éxitos, a represión do movemento trouxo a orde á India a finais de 1943. Co final da guerra, o imperio británico deu indicacións de que o poder sería transferido a mans indias.

O 30 de xaneiro de 1948, foi asasinado en Nova Deli por Nathuram Godse, un radical hinduísta ao que se relacionaba con grupos ultradereitistas da India.

A pesar de ser o artífice da independencia da India (1947), o máis significativo de Gandhi foron os seus case trinta anos dun activismo pacífico fundado na non violencia e na forza das conviccións. Os seus logros abarcaron a abolición das castes, a xustiza social, a transformación das estruturas económicas e a concordia entre relixións; o que debería provocar unha renovación ética e espiritual do ser humano.

CRÉDITOS:

https://www.saberespractico.com/biografias-resumidas/gandhi/

https://es.wikipedia.org/wiki/Mahatma_Gandhi

https://historia.nationalgeographic.com.es/a/ghandi-gran-alma-independencia-india_14756

https://www.biografiasyvidas.com/monografia/gandhi/

 

Lecturas poéticas pola paz

Biblioxornal 66

Tecendo a paz

Nós non queremos coitelos,
cós nosos dedos tecemos a paz:

Nocturno sen patria

Eu non quero un coitelo en mans da patria.
Nin un coitelo nin un rifle para ninguén:
a terra é para todos,
como o aire.

Gustaríame ter mans enormes,
violentas e salvaxes,
para arrincar fronteiras unha a unha
e deixar de fronteira só o aire.

Que ninguén teña terra
como ten traxe:
que todos teñan terra
como teñen o aire.

Collería as guerras da punta
e non deixaría unha na paisaxe
e abriría a terra para todos
coma se fose o aire...

Que o aire non é de ninguén, ninguén, ninguén...
E todos teñen a súa parcela de aire.
 

 Jorge Debravo

http://www.los-poetas.com/k/jorge_poe1.htm#Nocturno%20sin%20patria

DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA 2020

O Equipo da Biblioteca do noso IES, un ano máis, preparou unha serie de actividades para conmemorar este día tan importante en todos os centros educativos: O Día da Paz e da Non Violencia.

Nesta presentación podedes ver parte (porque nunca dá para amosar todo o traballo) do que deron de si estas sesións pola Paz.


 

Paz e Películas

Preparando o DÍA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA


 

DESCARGADE O DOCUMENTO AQUÍ

Distribuir contido


by Dr. Radut