Titorías

DE AMORIBUS. 14 de febreiro.

 TITORÍAS E MATERIAS

O equipo da Biblioteca ten preparado un concurso adicado ao amor  para todo o alumnado e profesorado.

Esta actividade é un pequeno xogo de coñecemento e investigación no que poden participar de xeito individual ou por equipos (non máis de tres participantes por equipo).

Precisan dun móbil ou dispositivo que teña datos e lector de códigos QR.

 

DESENVOLVEMENTO DO XOGO: 

- Nos corredores do centro están expostos carteis sobre diferentes formas de amor.

- Cada cartel ten un código QR que enlaza co blog da Biblioteca onde está colgada a información sobre a situación ou persona da que se fala.

- Así mesmo, hai dúas preguntas: A primeira é para os niveis de 1º e 2º de ESO e a segunda, para o resto.

- Unha vez se teñan as respostas a todas as preguntas do mesmo nivel de cada cartel, comezarase un Xogo de Breakout on line (ver abaixo os enlaces con QR ou preme na imaxe para acceder).

- Cando o alumnado sexa capaz de rematar o Breakout, deberá pasar pola Biblioteca do IES para acceder ao Concurso.

XOGO PARA 1º E 2º DE ESO XOGO PARA O RESTO DO ALUMNADO

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer