teatro

Día Mundial do Teatro 2019

O director cubano Carlos Celdrán é o autor da mensaxe deste Día Internacional do Teatro:

    Antes do meu espertar no teatro, os meus mestres xa estaban alí. Construíran as súas casas e as súas poéticas sobre os restos das súas propias vidas. Moitos deles non son coñecidos ou apenas se lles lembra: traballaron desde o silencio, desde a humildade dos seus salóns de ensaio e das súas salas cheas de espectadores e, lentamente, tras anos deceldran traballo e logros extraordinarios, foron deixando o seu sitio e  desapareceron. Cando entendín que o meu oficio e o meu destino persoal sería seguir os seus pasos, entendín tamén que herdaba deles esa tradición  esgazadora e única de vivir o presente sen outra expectativa que alcanzar a transparencia dun momento irrepetíbel. Un momento de encontro co outro na escuridade dun teatro, sen máis protección que a verdade dun xesto, dunha palabra reveladora.

    O meu país teatral son eses momentos de encontro cos espectadores que chegan noite a noite á nosa sala, desde os recunchos máis  disímiles da miña cidade, para acompañarnos e compartir unhas horas, uns minutos. Con eses momentos únicos constrúo a miña vida, deixo de ser eu, de sufrir por min mesmo e renazo e entendo o significado do oficio de facer teatro: vivir instantes de pura verdade efémera, onde sabemos que o que dicimos e facemos, alí, baixo a luz da escena, é certo e reflicte o máis profundo e o máis persoal de nós. O meu país teatral, o meu e o dos meus actores, é un país tecido por eses momentos onde deixamos atrás as máscaras, a retórica, o medo para ser quen son, e dámonos as mans na escuridade.

    A tradición do teatro é horizontal. Non hai quen poida afirmar que o teatro está nalgún centro do mundo, nalgunha cidade ou edificio privilexiado. O teatro, como eu o recibín, cartelesténdese por unha xeografía invisible que mestura as vidas de quen o fai e a artesanía teatral nun mesmo xesto  unificador. Todos os mestres de teatro morren cos seus momentos de lucidez e de beleza irrepetíbeis, todos desaparecen do mesmo xeito sen deixar outra transcendencia que os ampare e faga ilustres. Os mestres de teatro sábeno, non vale ningún recoñecemento ante esta certeza que é a raíz do noso traballo: crear momentos de verdade, de ambigüidade, de forza, de liberdade na maior das precariedades. Non sobrevivirán deles senón datos ou rexistros dos seus traballos en vídeos e fotos que recollerán só unha pálida idea do que fixeron. Pero sempre faltará neses rexistros a resposta silenciosa do público que entende nun instante que o que alí pasa non pode ser traducido nin atopado fóra, que a verdade que alí comparte é unha experiencia de vida, por segundos máis  diáfana que a vida mesma.

    Cando entendín que o teatro era un país en si mesmo, un gran territorio que abarca o mundo enteiro, naceu en min unha decisión que tamén é unha liberdade: non tes que afastarte nin moverte de onde te atopas, non tes que correr nin desprazarte. Alí onde existes está o público. Alí están os compañeiros que necesitas ao teu lado. Alá, fóra da túa casa, tes toda a realidade diaria, opaca e impenetrable. Traballas entón desde esa inmobilidade aparente para construír a maior das viaxes, para repetir a Odisea, a viaxe dos  argonautas: es un viaxeiro inmóbil que non para de acelerar a densidade e a rixidez do teu mundo real. A túa viaxe é cara ao instante, cara ao momento, cara ao encontro irrepetíbel fronte aos teus semellantes. A túa viaxe é cara a eles, cara ao seu corazón, cara á súa subxectividade. Viaxas por dentro deles, das súas emocións, dos seus recordos que espertas e mobilizas. A túa viaxe é vertixinosa e ninguén pode medila nin calala. Tampouco ninguén a poderá recoñecer na súa xusta medida, é unha viaxe a través do imaxinario da túa xente, unha semente que se sementa na máis remota das terras: a conciencia cívica, ética e humana dos teus espectadores. Por iso, non me movo, continúo na miña casa, entre os meus achegados, en aparente quietude, traballando día e noite, porque teño o segredo da velocidade.

Día do Teatro 2018

O autor da mensaxe para esta efeméride en Europa é o actor, escritor,Simon

director de escena e cofundador do “ Théâtre de

Complicité”, o británico Simon McBurney. Estas son as

súas verbas:

    A media milla da costa de Cirenaica no norte de Libia existe un vasto refuxio rochoso de 80 metros de ancho e 20 de altura. No dialecto local coñéceselle como Hauh Fteah. En 1951 a análise de datación por carbono 14 demostrou unha ocupación humana ininterrompida de polo menos 100.000 anos. Entre os artefactos desenterrados había unha frauta de óso datada entre 40.000 e 70.000 anos. Sendo un neno, ao oír isto pregunteille ao meu pai:

    “Eles tiñan música?”

    Sorriume.

    “Do mesmo xeito que todas as comunidades humanas.”

    O meu pai era un arqueólogo estadounidense, o primeiro en escavar en Hauh Fteah, en Cirenaica.

    Síntome moi honrado e feliz de ser o representante europeo do Día Mundial do Teatro deste ano.

    En 1963, o meu predecesor, o gran Arthur Miller, dixo nun momento onde a ameaza de guerra nuclear arroxaba a súa sombra sobre o mundo: “Cando se nos pide escribir nun momento onde a diplomacia e a política teñen brazos tan terriblemente curtos e débiles, o delicado pero ás veces amplo abrazo da arte debe soportar a carga de soster unida a comunidade humana”.

    O significado da palabra Drama deriva do grego “ dran” que significa “facer”... e a palabra teatro que procede do termo grego “ Theatron”, literalmente significa o “lugar onde se mira”. Un lugar non só onde miramos, tamén onde vemos, obtemos, entendemos. Hai 2.400 anos, Polykleitos o Mozo deseñou o gran teatro de Epidauro. Con capacidade para 14.000 persoas, a asombrosa acústica deste espazo aberto é milagrosa. Un diálogo desde o centro do escenario pode ser oído en todos os 14.000 asentos. Como era usual nos teatros gregos, cando observabas aos actores, tamén podías ver a paisaxe detrás deles. Isto non só xuntaba varios lugares á vez, a comunidade, o teatro e o mundo natural , tamén unificaba todos os tempos. Da mesma maneira que a obra evocaba mitos do pasado no tempo presente, podías ver máis aló do escenario o teu futuro final. A natureza.

    Unha das revelacións notables da reconstrución de “O Globo” de Shakespeare en Londres tamén está relacionada con aquilo que vemos. Esta revelación ten que ver coa luz. Tanto o escenario como o auditorio estaban iluminados por igual. Os artistas e o público podíanse ver uns a outros. En todo momento. A calquera parte que mires hai persoas. E en consecuencia, lémbrasenos que o gran soliloquio de, digamos, Hamlet ou Macbeth, non eran meditacións privadas senón debates públicos.

    Vivimos nun tempo onde é difícil ver con claridade. Estamos rodeados de máis ficción que en calquera outro momento da historia ou a prehistoria. Calquera “feito” pode ser cuestionado, calquera anécdota pode reclamar a nosa atención como unha “verdade”. Unha ficción en particular rodéanos continuamente. Aquela que busca dividirnos. Da verdade. E duns a outros. E así, estamos separados. As persoas das persoas. As mulleres dos homes. Os seres humanos da natureza.

cartel    Pero do mesmo xeito que vivimos en un tempo de división e fragmentación, tamén vivimos nun tempo de inmenso movemento. Como nunca antes na historia as persoas están a desprazarse; moitas veces voando; camiñando; nadando se fai falta; migrando; por todo o mundo. E isto é só o comezo. A resposta, como sabemos, foi o peche de fronteiras. A construción de muros. A exclusión. O illamento. Vivimos nunha orde mundial tiránica, onde a indiferenza é moeda e a esperanza unha carga de contrabando. E parte desta tiranía é o control, non só do espazo, senón tamén do tempo. Este tempo en que vivimos renuncia ao presente. Concéntrase no pasado recente e no futuro. Eu non teño iso... Eu comprarei aquilo...

    Agora compreino, necesito ter a próxima... cousa. O pasado afastado está destruído. O futuro sen consecuencias.

    Moitos afirman que o teatro non pode nin poderá cambiar nada disto. Pero o teatro non vai desaparecer. Porque o teatro é un sitio. Gustaríame chamalo un refuxio. Onde as persoas se congregan e inmediatamente forman comunidades. Tal e como fixemos sempre. Todos os teatros son do tamaño das primeiras comunidades humanas, de cincuenta a 14.000 almas. Desde unha caravana de nómades a un terzo da antiga Atenas.

    E dado que o teatro so existe no presente, tamén cuestiona esta desastrosa visión do tempo. O momento presente é sempre un tema do teatro. Os seus significados constrúense mediante un acto comunitario entre o intérprete e o público. Non só aquí, senón agora. Sen a actuación do intérprete o público non podería crer. Sen a crenza do público, a interpretación non sería completa. Rimos ao mesmo tempo. Conmovémonos. Quedamos sen alento ou enmudecemos. E nese momento, mediante o teatro descubrimos a máis profunda verdade: que aquela que considerabamos a máis privada división entre nós, os límites da nosa propia conciencia individual, tampouco ten fronteiras. É algo que compartimos.

    E non nos poden parar. Cada noite reapareceremos. Cada noite os actores e a audiencia reuniranse de novo e a mesma obra volverá ser representada. Porque, como di o escritor John Berge, “Moi dentro da natureza do teatro hai un sentido de retorno ritual”, a razón pola cal foi sempre a forma de arte dos desposuídos, algo que a causa do desmantelamento do noso mundo, somos todos. En calquera parte onde haxa intérpretes e audiencias as historias que non se poden contar en ningún outro sitio representaranse, xa sexa nas óperas e teatros de nuestras grandes cidades, ou nos campos que acollen emigrantes e refuxiados no norte de Libia e en todo o mundo. Sempre estaremos unidos, en comunidade, nesta representación.

    E se estivésemos en Epidauro poderiamos levantar a vista e observar como compartimos todo isto con un panorama maior. Porque sempre somos parte da natureza e non podemos escapar diso así como non podemos escapar do planeta. Se nos atopásemos en “O Globo” veriamos como preguntas aparentemente privadas expóñensenos a todos nós. E se puidésemos ter a frauta cirenaica de hai 40.000 anos entenderiamos o pasado e o presente como indivisibles, e que a cadea que une a comunidade humana nunca será rota polos tiranos e demagogos.
 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer