Skip to Content

recitación

Os nosos rapsodos rosalianos

1a

Dous días despois no 181 aniversario do nacemento de2a Rosalía, ao mediodía, dous pequenos pero animosos grupos dos nosos rapsodos máis novos prestaron as súas voces para que os versos da poeta de Padrón irrompesen nas aulas e interrompesen os temarios de inglés, matemáticas, ciencias sociais, física, literatura... toda unha licenza poética que se nos permitiu para festexar á sempre inesquecíbel Rosalía. 

2b

 1b

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Moitas grazas a tod@s: rapsodos e ouvintes por facer viable esta nova celebración lectora.

 

M de Música, P de Poesía e N de Nadal

Un ano máis, a música e a poesía serviron de comunicación entre os anciáns acollidos na residencia "San Telmo" e nós. Da primeira ocupáronse os nosos compañeiros que estudan música: comezaron interpretando o himno do antigo reino de Galicia e seguiron con distintas panxoliñas, pezas populares e unha última intervención (dignísimo peche) protagonizada "a capella" polas nosas mellores voces. E polo medio da música un grupiño de recitadores (a maioría recitadoras e representantes dos distintos grupos do noso club) encarnaron as poesías de temática moi acaída para estas datas de autores como a arxentina Delia Arjona, o brasileiro Cyro de Mattos, a cubana Lilliam Moro, os galegos Celso Emilio Ferreiro, Sebastián Mtnez. Rico e Helena Villar Janeiro, o palentino Fernández Nieto e o portugués Albano Martíns.


Moitas grazas a tod@s por ter compartido a vosa xuventude, a vosa ledicia e o voso bo facer musical e lector coas avoas e avós; moitas grazas por facer posíbel un ano máis este xesto de solidaria comunicación interxeracional.

Distribuir contido


by Dr. Radut