Skip to Content

Outubro 2011

 

Resurrección de Lea Tobery


A reconstrución das horas durante as que fun dada por morta empezouna Julia. Contoume que ao se decatar de  que o desmaio non era unha pallasada das miñas,púxose a pedir auxilio a berros. A profesora de historia, que estaba na outra punta do corredor do instituto, acudiu correndo.
-¡Non sei que lle pasa! -dixo atropeladamente Julia.
-Tranquila -contestou a profesora mentres sacaba o móbil do bolso.
Reaccionou con serenidade e chamou a urxencias. A ambulancia tardou poucos minutos en chegar. Dous paramédicos entraron ás presas no instituto cunha padiola e unha especie de carriño con diversos aparellos médicos.
-Derrubouse e perdeu o coñecemento. Iso é todo o que sei -informounos a profesora...
O paramédico encrequenado sacou un bisturí e cortoume o xersei...  Non me ruboricei porque estaba morta... naquel momento non volvín. Aferreime a Ethan. Non o quería deixar escapar. Era feliz nos seus brazos en medio daquel campo de centeo...

Emma viviu unha experiencia próxima á morte. Nela coñeceu a Ethan, con quen sentiu unha conexión especial, coma se fose á súa alma xemelga, o amor da súa vida... Mais, cando Emma volve en si, Ethan desaparece. Quen é: un anxo, unha ilusión, un sono, alguén que lle traía unha mensaxe que podería cambiar a súa vida para sempre?
Coa axuda das súas amigas, chea de dúbidas e ilusións, Emma emprenderá unha busca a través de médiums e cemiterios que a levará a segredos e sorpresas que non imaxinaba...

 



page | by Dr. Radut