Skip to Content

Maio 2017

Reo
de
Xesús Fraga

fragaXesús Fraga (1971, londiniense trasladado a Galicia de neno, xornalista, escritor e tradutor) entra no mundo graffiteiro a través do diario de  Reo que é quen de contar as súas propias experiencias vitais e describir o mundo que o rodea, sen obviar unha ollada realista sobre a incerteza do tempo que vive. Reo perfila a vida cotiá dun mozo de dezasete anos, que se presenta como un “rapaz de barrio. Un calquera. Un ninguén”. Un francotirador solitario que vai sorteando os riscos que a súa afección ao graffiti provoca. O seu afán por ser lembrado como o mellor “escritor” faille perder o norte e todo o seu tempo é para deixar o seu tag en calquera parte e cantos máis mellor, descoidando os seus estudos e a súa vida persoal.

Pero se hai unhas pezas que merezan o meu respecto son as dos treneiros, os escritores quereo fan verdadeiras marabillas sobre os vagóns. E iso é ilegal, claro. Ademais, o graffiti empezou hai décadas no  metro de Nova York, esa é a orixe de toda esta movida que chega ata hoxe. As vías son coma un imán, algo visceral. Eu fixen un tren hai dous anos. Máis ben axudei a Thun a facelo. Thun foi quen me introduciu nisto. Ten algúns anos más ca min e levaba tempo pintando. El era o rei da cidade, de feito, antes de que o fose eu, antes ca Virus. Non era o que máis se deixaba ver, pero tiña  un estilo recoñecible, fresco e clásico á vez; notábase que sabía ben de onde viña. E, máis aínda, era o rei, pero non un tirano. Quero dicir, non fachendeaba, senón que as súas pezas falaban por el. Non se metía en leas innecesarias nin chuleaba a ninguén. Entendía o graffiti como unha fraternidade, era o que dicía sempre. Axudaba. Ensinaba. Fíxoo comigo. Foi el quen me aprendeu a traguear, os estilos, a fabricar o meu propio rotulador extra ancho con feltro dos borradores e tinta Instamark, a cambiarlle as boquillas aos sprays para conseguir os trazos tochos das potas. Quen me aprendeu que entraba a formar parte dunha tradición que se remonta a varios anos na nosa cidade, cando o primeiro graffiti alá nos anos oitenta, cousas de  Tóxico, de Coma, de Teor, pioneiros dos que xa case non queda pegada nos muros, pero si na memoria dos escritores. E, sobre todo, aprendeume como non hai que deixarse coller.
   



page | by Dr. Radut