Skip to Content

Abril 2017

Romúleas en abril

 Camiños de monte abertocortizas
as romúleas florecidas
e eu lembreime de ti.
En flor aberto purpúreas
ollos de vento e brancura
monte e romúleas camiños
abril lembranzas abril.

Ollos de brancura e vento
monte e romúleas, amigo,
no colo do mes de abril
lembranzas dos mil camiños
que contigo percorrín.

Romúleas do mes de abril
ollos de monte e brancura
camiño aberto no ventopáramos
que contigo compartín.
Romúleas meu amigo
purpúreas meu amigo
monte aberto meu amigo
o mar bate no cantil.

romúlea
Antón Cortizas (Ferrol, 1954, Nos páramos da Lúa)

 

 




 



page | by Dr. Radut