Decembro 2015

Decembro 2015

A granxa dos animais
de
George Orwell

     Sátira contra as ditaduras, fábula moderna na que  Orwell critica os totalitarismos e a corrupción que xera o poder. Os lectores poden reflexionar sobre as causas que levan a eses sistemas políticos a desenvolverse e, sobre todo, a seren aceptados.
    Os animais da Granxa Manor, dirixidos polo vello Comandante, amotínanse contra os seus amos e expúlsanos a couces. A rebelión trunfa e proclámase un novo sistema social polo que "todos os animais son iguais", pero o goberno acábase convertendo nunha tiranía.
    O autor desta novela participou como  miliciano na Guerra Civil española loitando a favor da República.
   

    Os homes muxiran as vacas de boa mañá e logo foran aos coellos sen se preocuparen de botarlles de comer aos animais. Ao volver, o señor Jones botouse a durmir de inmediato no sofá da sala co Noticias do Mundo aberto sobre a cara, e pola tarde os animais aínda non comeran. Chegou un punto en que non aguantaron máis: unha das vacas rompeu a porta do almacén dunha cornada e todos os animais empezaron a servirse eles mesmos das huchas. Nese preciso momento acordou o señor Jones, e de inmediato foron el e os seus catro homes armados con látegos ao almacén e comezaron a dar tralladas a destra e sinistra. Os animais famentos xa non puideron soportalo mais, e coma se fosen un só, aínda que non planearan nada de antemán, botáronse contra os seus atormentadores. Jones e os seus homes viron como de súpeto lles chovían testadas e couces por todos os lados. Non tiñan forma de controlar a situación: nunca antes viran os animais comportarse desa forma, e o súbito alzamento daquelas criaturas que estaban afeitos a brear e maltratar a pracer meteulles un  medo atroz no corpo. Ao cabo duns intres deixaron de tentar defenderse e puxeron terra por medio, e ao pouco xa estaban os cinco correndo a fume de carozo pola rodeira que levaba á estrada, escorrentados polos animais triunfantes.
    A señora Jones mirou pola fiestra do dormitorio, viu o que pasaba, meteu ás présas unhas poucas pertenzas nunha bolsa e...

Esta obra foi levada ao cine en 1955, dirixida por Joy Batchelor e John Halas, na primeira longametraxe inglesa de animación:

En 1999, John Stephenson dirixiu unha nova versión de “Animal Farm”

Decembro 2015

FE DE VIDA

Sé que el invierno está aquí,
detrás de esa puerta. Sé
que si ahora saliese fuera
lo hallaría todo muerto,
luchando por renacer.
Sé que si busco una rama
no la encontraré.
Sé que si busco una mano
que me salve del olvido
no la encontraré.
Sé que si busco al que fui
no lo encontraré.
Pero estoy aquí. Me muevo,
vivo. Me llamo José
Hierro. Alegría (Alegría
que está caída a mis pies.)
Nada en orden. Todo roto,
a punto de ya no ser.
Pero toco la alegría,
porque aunque todo esté muerto
yo aún estoy vivo y lo sé.


José Hierro (1922-2002), de: Alegría III Alma herida- Alegría interior – 1947
 in Poesías completas (1947-2002), Ed. Colección Visor de Poesía 2009

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer