Abril 2015

Maio 2015

Feitizo de sangue

de

Sabela González

Sabela González, nada en Burela en 1981, traballa na Universidade de Vigo. Ademais da literatura interésanlle moitas formas de expresión artística que vai verquendo no blog Gramática de corpos.

Feitizo de sangue é o segundo libro da triloxía As crónicas de Landereina. O primeiro, Bágoa de Lúa, tamén o podes atopar na nosa biblioteca.

 

Mentres a malvada man que pretende facerse co control do reino segue xuntando as partes da Pedra da Lúa grazas ao sangue de Ohn, príncipe de Landereina, Berenguela e Güenaela deixan atrás o bosque de Etlual para partir na procura do terceiro feitizo, o que destruirá para sempre a maxia do poderoso amuleto (da presentación editorial).

 

A carón dun candil pousado na mesiña lateral da cama, sentaron ben xuntiños, coas mans entrelazadas, e abriron o libro con moito coidado, intercambiando olladas de cómplice emoción segundo as liñas de letras ían aparecendo. Case en silencio absoluto, centráronse na lectura e, durante horas, impregnáronse da historia oculta da familia real. Descubriron o destino da Pedra de Lúa, crebada en anacos para minguar o seu poder, en espera de que os herdeiros elixidos a puidesen destruír por completo. Aprenderon sobre o Engaste de Dar, a súa orixe e a súa desaparición do palacio. Sorprendéronse ao saber que o sangue activador do talismán, o sangue de Wiasmau, corría polas veas dos descendentes reais. Souberon que un anaco da Pedra, a Bágoa de Lúa, acompañaba o Gheiroez herdeiro do trono e que só faltaba un feitizo para...

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer