Skip to Content

Marzo 2015

Abril 2015

Pero nada cambia
todo fica
no mesmo lugar
atemporal, inamovible
son as mesmas paisaxes,
os mesmos silencios
as mesmas ondas
xa non hai parellas
enlazadas pola rúa
nin estraños rituais
nin frustracións perversas,
nin poetas
porque nada cambia
agás os ollos
con que se ve
o tempo


Modesto Fraga (1974)

modesto fraga

Abril 2015

Casi Genial

de

Benedict Wells

Ao terminar o instituto, Benedict Wells (Múnich, 1984) decidiu que, en lugar de ir á universidade, quería cumprir o seu soño de chegar a ser escritor. Trasladouse a Berlín e durante catro anos tratou en balde de que as súas novelas visen a luz mentres se gañaba a vida con traballos de subsistencia. Estaba a piques de tirar a toalla cando o encontro cun axente literario levouno ata a prestixiosa editorial en lingua alemá Diogenes, que non só publicou as tres novelas que tiña escritas, senón que apostou por el como unha das novas voces máis prometedoras da literatura alemá. Benedict Wells dedícase a escribir a tempo completo e vive entre Barcelona e Múnich.

Francis ten dezasete anos e poucas perspectivas de futuro. Vive nun parque de caravanas en Nueva Jersei, a súa nai está ingresada no hospital e nunca soubo quen é o seu pai. Pero cando descobre por casualidade que foi procreado nun experimento científico e que o seu pai biolóxico é un xenio, a súa vida dá un envorco e decide atravesar Estados Unidos na súa procura. En compañía do seu mellor amigo, Grover, e de Anne-May, a moza de quen se namorou, emprenderá unha accidentada viaxe durante a cal descubrirá máis cousas sobre si mesmo das que xamais esperou saber.

 

    Brad se le encaró y sus narices se juntaron. Francis sopesó cómo podía ganarle en una pelea reglamentaria. Brad era sólo un pelín más bajo que él, aunque no parecía pesar demasiado. Podría haberlo agarrado de sopetón por las piernas y lanzarlo por los aires. Pero como Brad podía ser bastante rencoroso, no quería enfrentarse con él a cualquier precio. Así que Francis se limitó a aflojar los hombros y mirarlo a los ojos hasta que el otro desvió la mirada.
Pero Brad no podía quedar mal delante de sus colegas, de modo que siguió pegado a Francis y con u na sonrisita de conejo le preguntó:
   -Vaya, vaya, Dean, ¿qué tal le va a tu madre? He oído decir que sigue siendo un putón verbenero. Seguramente la hayan montado más veces que al caballo de carreras Seabiscuit.
   A Francis empezaron a palpitarle las venas de las sienes. Recordaba cómo los amigos de su madre, cuando era pequeño, querían engatusarlo llevándole golosinas o juguetes y luego se iban al otro cuarto para...

 

Aquí tes unha entrevista co autor e se premes nesta ligazón podes ler o primeiro capítulo da novela.

Moitas culturas, unha historia

cartelNesta edición os Emiratos Árabes Unidos da man da escritora Marwa Al Aqroubi e da ilustradora Nasim Abaeian son os responsables do cartel que aparece sobre estas liñas e da mensaxe que recollemos de seguido. Elas pregonan as bondades dos libros e as lecturas entre as xeracións máis novas.

 

Falamos diferentes linguas e vimos de diferentes orixes, mais compartimos as mesmas historias
Historias internacionais… historias tradicionais
É a mesma historia que se nos conta a todos
En diferentes voces
En diferentes cores                                          
Pero permanece inmutábel…
Comezo…
Argumento…
E fin…
É a mesma historia que todos sabemos e amamos
Todos a escoitamos
En diferentes versións de diferentes voces
Mais sempre é a mesma
Hai un heroe… unha princesa… e un vilán
Non importa a súa lingua, nin os seus nomes,
Nin as súas caras
É sempre o mesmo comezo,
Argumento
E fin
Sempre ese heroe… esa princesa e ese vilán
Inmutábeis durante séculos
Acompáñannos
Murmúrannos nos nosos soños
Arrólannos para durmir
As súas voces marcharon hai tempo
Pero viven nos nosos corazóns para sempre
Pois únennos nun mundo de misterio e imaxinación
Para que todas as culturas se fundan nunha única historia.

 

Marwa Al Aqroubi  Nasim Abaeian
                          Marwa Al Aqroubi
Nasim Abaeian
Se premes aquí tes un breve folleto informativo en inglés sobre ambas.

27 de Marzo: Día Mundial do Teatro

Krzysztof Warlikowski

 

Krzysztof Warlikowski  (Polonia, 1962) é un dos máis importantes directores de teatro europeo da súa xeración, que  destaca polo traballo cos seus actores na exploración de procesos creativos e na composición de contundentes imaxes teatrais para obras do teatro clásico grego, de Shakespeare e montaxes de autores contemporáneos. El é tamén o autor da mensaxe para esta nova edición da xornada mundial do Teatro:

 

    Os verdadeiros mestres do teatro poden atoparse facilmente lonxe do escenario. E polo xeral, non teñen interese no teatro como unha máquina para reproducir convencións e clixés. Eles buscan a fonte  impulsora, as correntes de vida que tenden a pasar por alto as salas de espectáculos e á multitude de persoas empeñadas en copiar un mundo ou outro. Copiamos en lugar de crear mundos que procuren o debate co público, que se ocupen das emocións somerxidas. E en realidade non hai nada que poida revelar as paixóns ocultas mellor que o teatro.

    Moi a miúdo diríxome á prosa como unha guía. Día tras día sorpréndome pensando nos escritores que hai case cen anos profetizaron serenamente o declive dos deuses europeos e o crepúsculo que sumiu á nosa civilización nunha escuridade que aínda espera ser iluminada. Estou a pensar en Franz Kafka, Thomas Mann e carautasMarcel Proust. Hoxe gustaríame tamén contar con John Maxwell Coetzee nese grupo de profetas.

    O seu sentido común sobre o inevitable fin do mundo -non do planeta-, senón do modelo das relacións entre humanos e da orde social e o caos, é conmovedoramente actual para nós aquí e agora. Para nós que vivimos conformes ao fin do mundo. Para nós que vivimos crimes e conflitos que diariamente nacen en novos lugares máis rápido mesmo que os medios de comunicación ubicuos poden manterse ao día. Estes incendios volvense rapidamente aburridos e desaparecen da actualidade, para endexamais volver. E sentímonos desamparados, horrorizados e acurralados. Xa non somos quen de construír torres e os muros que construímos de xeito teimudo non nos protexen, pola contra, eles mesmos esixen protección e coidado o que consume unha gran parte da nosa enerxía vital. Xa non temos a forza para tratar de enxergar o que hai máis alá da porta, detrás do muro. Exactamente por iso o teatro debe existir e aí onde debe buscar a súa forza. Para mirar máis adentro que o permitido.

    A lenda trata de explicar o que non se pode explicar. Baséase na verdade e debe rematar no inexplicable, así é como Kafka describe a transformación da lenda de Prometeo. Estou convencido de que estas mesmas palabras deben describir o teatro. E é esa clase de teatro, o que se basea na verdade e que encontra o seu fin no inexplicable, o que desexo para todos os seus traballadores, os do escenario e os que están entre o público, deséxoo con todo o meu corazón.

con F de Filme e Feminino

No Biblioxornal nº 39 presentamos unha breve referencia a unha ducia de películas de temática ou protagonismo feminino. Agora, na seguinte lista de reprodución podes coñecer a sipnose de cada unha delas.

Biblioxornal 39

Marzo 2015

La más mujer del mundo

sonríe como un cómplice
bajo el calor suelta sus animales bellos desnudos indolentes
y recorren la tierra llenándola de ansias de carne en libertad
ella prepara sus abismos
ninguno la conoce
en la mitad de la noche me despierta la oigo
como enciende su furor
y las crepitaciones
de rostros que ella quema lentamente
contra su voluntad.



Juan Gelman (1930-2014)

Juan Gelman


by Dr. Radut