Que é para tí a biblioteca?: Celebra o día e o mes da nosa festa contestando a esta pregunta. Coas respostas encheremos un mural. Anímate e participa! |
Aproveitemos tamén para ler o pregón que para esta xornada elaborou o presidente da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil, José María Gutiérrez de la Torre: |
Vinde, vinde todos! Bebés e nenos, rapaces e rapazas, novos e adultos de todas as orixes, de todas as idades e de toda condición. Vinde á Biblioteca! Entrade neste inmenso e fermoso xardín, multicolor e polifónico, onde crecen as máis fermosas flores da cultura humana: todo o que sabemos e todo o que imaxinamos os seres humanos, as crónicas e os soños, as batallas e os carnavais, as festas e os loitos... todo está aquí recollido e ben clasificado nos seus estantes, accesibles para que vós gocedes do pracer da lectura. Entrade con alegría pero con respecto. Percorrede as súas amplas avenidas con vizosos arboredos, os seus acolledores sendeiros bordeados de exuberantes roseiras coas máis fermosas rosas, deambulade polas pequenas vereas que vos levarán a escondidos recantos onde crecen plantas raras pero de deliciosas flores. Atoparédesvos alí con outras moitas persoas amigas que, como vós, gozan das fermosas palabras, das suxestivas imaxes, dos evocadores sons. Entrade e valorade o traballo destes xardineiros esforzados, homes e mulleres responsables da Biblioteca: eles regan a sabedoría do sementado nos seus estantes, podan con coidado as horas de silencio, removen a terra do pensamento con recomendacións e propostas, fertilizan a imaxinación con actividades inesperadas... e sempre, sempre, están aí, baixo o sol abrasador e baixo a chuvia, esperando que as palabras florezan, e que nós sexamos portadores das sementes que aventan cada día as páxinas dos libros que atesoura a súa biblioteca. Aprendede deles o amor polos libros e montade na vosa casa a vosa propia biblioteca: por moi pequena e modesta que sexa será o voso xardín e encheravos de fragancias, de suxestións, de ideas, de sensacións, que vos farán sentirvos cheos de gratitude, próximos a esas persoas, escritores e ilustradores, que contaron belas historias para vós, de creadores que vos falaron do seu mundo, de todos os mundos, para que vós vos atrevades a mirar todos os horizontes y, ao facelo, tamén vos atrevades a mirar dentro de vós mesmos para buscar os vosos máis íntimos sentimentos, os vosos valores máis auténticos. Vinde hoxe e vinde todos os días que vos sexa posible a este fermoso xardín sempre florido, sempre acolledor, sempre pleno de sabedoría, de pracer, de solidariedade, de respecto, de beleza... |
![]() |
Mil primaveras máis para as bibliotecas! |
O morador da fenda Roberto A. Rodrígues |
|
...Un vilego comezou a berrar, era un grito sen verbas, un son esgarrado froito da carraxe. Aquel sentimento propagouse e logo foi a grea ao completo quen berraba esixindo sangue, o estrondo alzouse impoñente conquistando o aire e reverberou nas paredes da pequena praza, amplificándose e espantando ás aves que se pousaran nos tellados próximos. Algúns vilegos abalanzáronse a un mesmo tempo contra o guerreiro e, amparados na miserábel maioría, atacárono dende todas as direccións. |
|
O morador da fenda é a primeira entrega dunha triloxía de fantasía épica do autor vigués Roberto A. Rodrígues. Se che gusta Tolkien esta é a túa lectura. Nela a presenza do sobrenatural, os seres malignos, os mapas de terras descoñecidas, os obxectos máxicos e/ou simbólicos e os guerreiros heroicos configuran un escenario épico no que as forzas do ben e do mal libran a súa batalla. |
|
![]() |
![]() |
Elegía de otoño Leopoldo de Luis (1918-2005) |
|
![]() |
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer