Skip to Content

Escola de nais e pais

Enlaces de interese

É unha guía de redes sociais para familias que ten como obectivo ofrecer aos pais orientacións  sobre as redes sociais e o uso que os menores fan delas. A intención é dar coñecementos básicos sobre o tema, certas pautas para educadores e unha serie de recursos útiles para docentes, pais e menores.
 

PROTEGELES é unha organización de protección do menor totalmente profesionalizada, na que abogados, psicólogos e expertos en seguridade e protección do menor, traballan ofrecendo “solucións” a oa máis oves, á súas familias e aos centros escolares,e sempre de forma gratuita.

PROTEGELES é o CENTRO DE SEGURIDADE EN INTERNET para os menores en España, dependente de Safer Internet Programme da COMISIÓN EUROPEA

 

Escola de saúde

No curso escolar 2013-14, a partires do mes de novembro, no IES Ricardo Carballo Calero, Asfredo en colaboración co Concello de Ferrol,  leva a cabo unha escola de saúde para pais e nais coa finalidade de dotar ás familias de habilidades educativas e de comunicación para que se sintan máis  competentes na súa función de educadores.

Con este curso, de oito sesións de hora e media de duración e periodicidade semanal, preténdese proporcionar aos pais e nais as ferramentas necesarias para axudalos a afrontar posibles dificultades no núcleo familiar, mellorar as habilidades comunicativas co obxecto de  favorecer a convivencia familiar, promover unha maior implicación  das familias como axentes de saúde dos seus fillos e fillas ou sensibilizar aos pais e nais do risco que entraña o uso inadecuado das novas tecnoloxías.

Distribuir contenido


by Dr. Radut